Amosando publicacións coa etiqueta concurso de redacción e ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso de redacción e ilustración. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de maio de 2019

AS LETRAS GALEGAS EN "RADIO ROSIÑA"

Pois non podía faltar o noso programa en "Radio Rosiña" adicado ás Letras Galegas... Para iso, as nenas e nenos de 5º e 6º prepararon un novo programa de "As nosas celebracións", adicado nesta ocasión á data mencionada. E invitaron a ir á Radio ás persoas que recibiron un agasallo a semana pasada, no Concurso de Ilustración e Literario que convocamos cada curso no mes de maio. 
Así que a continuación escoitaredes un programa realizado por Samuel Arosa e Paula Barcia no control técnico, por Mª José e Jorge Otero nos micrófonos, e polas nosas invitadas Laura, Aroa, Paula Maneiro, e o noso invitado Íker Freire. Escoitade atentamente porque merecen moito a pena estas historias:




AS CREACIÓNS PRESENTADAS AO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

O día que celebramos as Letras Galegas entregamos uns agasallos a catro das persoas que participaron no Concurso Literario que se convocou para que participarades todo o alumnado do cole. Cando publicamos a noticia sobre esta celebración enlazamos tamén eses textos gañadores, pero como nos pareceu que había outros traballos moi interesantes e merecedores tamén dun premio, aquí volos deixamos todos, agrupados por aulas, para que poidades lelos e relelos:

AS ILUSTRACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL:


 

OS TEXTOS DE 1º e 2º de PRIMARIA: 



OS TEXTOS DE 3º e 4º de PRIMARIA: 



OS TEXTOS DE 5º e 6º de PRIMARIA: 



Gustáronvos? A cales lle dariades vós un premio? Pois anímovos a facelo: felicitade ás persoas que escribiron esas historias que vos gustan, felicitádeas polo seu traballo, e animádeas a seguir escribindo!!!


mércores, 15 de maio de 2019

CELEBRAMOS OS MAIOS E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fermoso e colorido MAIO grazas á vosa colaboración!!!
Pois si!!! Un curso máis chegou o momento de festexar unha das celebracións máis coloridas do ano: os maios!!! E que mellor fondo que esa pirámide chea de cores verdes, amarelas, brancas, rosas, violetas..., para entregar os premios do Concurso de Ilustración e Narración das Letras Galegas!!!
Grazas por colaborar enviando ao cole todas estas fermosas plantas!


Betty, Martiño e Valeria tamén axudaron moito!!!
Así fixemos esta mañá no cole, onde acompañamos o acto cantando un par de cancións: "O maio de As Nogais" e "O mazarico"... Como facía moita calor decidimos non facer a lectura dos textos gañadores, aínda que as súas autoras gravaranos para "Radio Rosiña" a vindeira semana, así que estade moi atentas aos podcast que se vaian publicando!!!
Mentras tanto, aquí (ou sobre calquera das imaxes) vos deixo as fotos para que lembredes o ben que o pasamos nesta xornada previa ao Día das Letras Galegas.

Desfrutade moito e lembrade o que dicía Antonio Fraguas, o homenaxeado este ano nesta celebración:


“Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer.”

Íker, Laura, Paula e Aroa gañaron nesta ocasión o Concurso. NORABOA!!!
Podedes ver e ler as súas creacións no seguinte enlace:




mércores, 16 de maio de 2018

Celebramos os Maios e o Día das Letras Galegas

Esta tarde celebramos unha das datas que máis nos gustan no cole: os Maios e o Día das Letras Galegas. Coa construción do Maio demos a benvida á primavera, á aparición dos primeiros froitos, das primeiras flores, aos cantos dos paxariños que levabamos meses sen escoitar... E nesta ocasión sorprendeume a cantidade de flores que todas as familias achegastes ao cole: moitísimas grazas!!! Se non fora pola vosa colaboración, o Maio non quedaría así de fermoso. Unha vez construído, cantámoslle, por suposto!!! Ata o grupo de guitarras e ukeleles sacou os seus instrumentos para acompañar unha canción que escribiron os grupos de 5º e 6º. 


E nese fermoso escenario, entregamos os premios do Concurso de Ilustración e Literario que convocou o cole. A participación foi total, o cal me enche de orgullo, porque me fixestes pasar unha tarde estupenda mentras lía as vosas historias e vía os vosos debuxos. NORABOA a todas as persoas por participar!!!! Os agasallos recibíronos cinco persoas, pero quero dicirvos que poderían ser moitas máis, polo que non deixedes de escribir, de ler, de debuxar... Sodes uns/unhas auténticos/as artistas!!!!

Déixovos AQUÍ as fotos desta xornada, e tamén as historias que foron premiadas!!!





Ademais destas creacións, houbo moitas outras merecedoras de felicitacións, polo que aquí volas deixo para que poidades desfrutar con todas elas:

ILUSTRACIÓNS PRESENTADAS EN EDUCACIÓN INFANTIL 




CREACIÓNS REALIZADAS NA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE E PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA




CREACIÓNS REALIZADAS EN 1º E 2º DE PRIMARIA




CREACIÓNS REALIZADAS EN 3º E 4º DE PRIMARIA




CREACIÓNS REALIZADAS EN 5º E 6º DE PRIMARIA



Unha aperta,

venres, 15 de maio de 2015

CELEBRAMOS OS MAIOS E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día de celebracións!!! 
-Construímos o Maio con todas as flores, follas e herbas que trouxestes ao cole durante estes días.
-Lemos o Conto Viaxeiro que comezamos polo "Día do Libro" e que agora teñen que rematar na aula de Infantil, ilustrando o que será a súa portada. Lembrade que tedes que ir deixando as vosas propostas para o título do mesmo no buzón de Rosiña.
-Cantamos o "Maio de As Nogais" con moita alegría.
-Entregamos os premios do Concurso Literario das Letras Galegas.

Que ben o pasamos!!! As fotos de hoxe tamén reflexan ese sentimento de alegría, así que desfrutade véndoas:

CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2015

Xa temos aquí os gañadores do Concurso das Letras Galegas deste ano. Despois de varios días coñecendo a obra de Filgueira Valverde, inspirámonos nos seus textos para crear os nosos propios, e o resultado foi moi bo. Rosiña quere agradecervos que todos e todas participarades neste concurso; gustáronlle moito as vosas narracións, os vosos poemas, as vosas ilustracións... Estivo moi entretida durante esta semana. E aquí tedes as creacións premiadas, para que todos poidades lelas e desfrutalas!!!

sábado, 17 de maio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2014

Con motivo da celebración das Letras Galegas, convocouse no colexio o III Concurso literario de Ilustración e Narración.
Debido á alta participación do alumnado, e á moi boa calidade dos traballos entregados, o xurado do concurso decidiu entregar un premio a cada clase, en lugar dun premio por ciclo, tal e como recollían as bases do mesmo.
Dende o blogue felicitámosvos novamente a todos polas vosas creacións e lembrade que... O IMPORTANTE É PARTICIPAR!!!
Aquí tedes as ilustracións e os textos que resultaron premiados:
-En Educación Infantil...
-No 1º ciclo de Educación Primaria...
-No 2º ciclo de Educación Primaria...
-No 3º ciclo de Educación Primaria...
E a continuación podedes ver as imaxes dos seus autores recollendo o premio entregado polas mestras do cole:



martes, 6 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano, o autor homenaxeado é un poeta da Terra Cha (Lugo) chamado Xosé María Díaz Castro. O escritor, que no 2014 cumpriría os 100 anos, é autor dun único libro de poemas titulado "Nimbos". Para afondar na vida e obra deste interesante personaxe aquí vos deixamos algunhas páxinas con recursos educativos adaptados aos diferentes niveis:

       SEMINARIO GALÁN                             COORDINADORA ENDL               
                    
SECRETARÍA XERAL POLÍTICA LINGÜÍSTICA