Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castaña, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións, e sobre todo, de medo, moito, moito medo.
Como xa queda pouco para que celebremos esta festa, tedes aquí todo tipo de recursos á vosa disposición para que os aproveitedes e os disfrutedes.
Pincha aquí. (Tamén tedes un enlace na barra de navegación da vosa dereita).
QUERIDOS COMPAÑEIROS: estou encantada de ver que este blogue segue en marcha.. dende aquí poderei estar ao día de tódalas cousas que fagades. Pode ser que vos colla algunha idea sobre o samaín para os meus nenos e nenas....
ResponderEliminarMoitisimos recordos para tod@s
Hola¡ xa miramos os recurso para o Samaín.
ResponderEliminarEmpregaremos a canción de Mamá Cabra e tamén, se os nen@s non teñen medo, os debuxos de mickey mouse. ( 3/4 anos)
Os nen@s de 1º farán algún debuxo das unidades didácticas propostas.
Temos que decorar a aula?
Pedirémoslles aos rapaces unha cabaza decorada das súas casas.
Gustáronos os recursos, variados, motivadores, divertidos e que abranguen todas as idades.
Noraboa e moitas jrasias.
Dende o CEIP de Andrade, en Pontedeume, queremos darvos as grazas por compartir este estupendo traballo de recompilación que seguro que nos será de gran utilidade.
ResponderEliminarUnha aperta.
Un bico moi especial da nosa mascota RAIOTECA para ROSIÑA.
http://biblioandrade.blogspot.com
Ola, son María de Cervo, Lugo. Sigo o voso blog e gústame moito. Creo que nos recursos non tedes este, mándoche o enlace por si che interesa.
ResponderEliminarUnha aperta.
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
Ola!!
ResponderEliminarMoitas grazas por compartir estes recursos, están xenial!! Canto gozarán os cativ@s con eles!
Un saúdo