O noso amigo Angel Carracedo non deixa de recibir premios e recoñecementos. Onte, Día do Apostolo recibiu a MEDALLA DE ORO DE GALICIA otorgada pola Xunta de Galicia por "situar o nome de Galicia nun dos lugares máis prestixiosos da ciencia en xeral e da medicina en particular, cunha ampla labor investigadora no campo da xenética, especilidade da que é pioneiro".
Pero isto non é todo. Estes días, Angel tamén foi galardonado co PREMIO FERNÁNDEZ LATORRE na súa 53ª edición en recoñecemento a súa "brillante traxectoria investigadora que fai del o científico con maior proxección internacional dos que traballan en Galicia". Además de convertir ao seu equipo en lider mundial en xenética forense, recoñécese tamén o seu afán renancentista da busca de coñecemento e da súa aplicación en beneficio da sociedade, que o fixo pioneiro no uso das novas tecnoloxías de identificación forense; e o carácter eminentemente divulgador dos seus escritos, que van desde publicacións nas principales revistas especializadas a artigos en medios de información xeral.
A pesar de todos estes recoñecementos, o noso amigo Angel segue sendo o mesmo home tranquilo e, sobre todo, humilde que nós coñecemos moi ben.
ANGEL!! Recibe a NORABOA de toda a comunidade educativa do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ!! Esperamos outra visita túa no cole en canto teñas un ratiño libre!! Estamos ansiosos!!