venres, 31 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

Este ano celebramos o Samaín desfrutando non só coas actividades programadas, senón tamén dun tempo marabilloso que nos enche a todos/as de bo humor e moita enerxía. Será por iso que trouxemos ao cole unhas cabazas moi ben decoradas e con moitas alusións ao cine, o tema do proxecto deste curso. Así puidemos ver dende directores de cine, equipados con todo detalle, ata algún actor ou varios protagonistas de películas moi coñecidas por todos vós!
Entre todas elas, os nenos e nenas do cole elixístedes unha, e despois de sumar todos os votos obtidos, saíron 3 cabazas gañadoras que esta mañá recolleron o seu premio no cole. Lembrades cales foron?
Un premio foi para IRIA LÓPEZ CARREIRA (3º de Ed. Primaria), pola súa cabaza reconvertida en Spiderman, un dos personaxes de cómic máis coñecidos; outro para PAULA BARCIA BLANCO (1º de Ed. Primaria), que a transformou en Minnie Mouse; e un primeiro premio para JULIA PEREIRA FACAL (6º de Ed. Primaria), polo seu simpático Minion. As profes Isabel, Cruz e Rocío entregáronlles os agasallos:



Pero houbo un montón de cabazas máis que alegraron o noso corredor durante esta semana. Como sabemos que vos encantará velas de novo, aquí as tedes!

Durante esta semana tamén convocamos o "V Concurso de Relatos de Medo". E que sucedeu? Pois que Rosiña pasou unhas noites tremendo coas historias de todos vós, pero houbo algunhas que lle fixeron pensar que estaban rodando unha peli de terror nos prados que hai ao redor do colexio e do cemiterio. Ai, que malas noites pasou estes días!!! E os "culpables" foron: a historia "O monstro papanenas", que idearon en EDUCACIÓN INFANTIL; "O medo e o terror", de PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (2º de Ed. Primaria); "A resurrección imposible", de ANDREA LABANDEIRA OTERO (4º de Ed. Primaria); e "Os tres directores: o bo, o vello e o malo", de FROILÁN MUÑIZ PONTE (6º de Ed. Primaria). Si, si, aquí teñen cara de boas persoas os tres, e coas mestras que lles entregaron o agasallo, pero lede as súas historias! Pasarédelo de medo!!!





E finalmente chegou o momento de probar as nosas elaboracións gastronómicas: mandarinas que transformamos en cabazas, plátanos que se converteron en pantasmas, salchichas que semellaban dedos sanguentos, sándwiches que parecían momias, vasoiras de meigas, queixos que se transformaron en ollos ou ratiños... E comémolo "todito, todito"...

Pola tarde o cole converteuse nun cine, onde se proxectaron varias películas en diferentes "salas": en Infantil dúas curtametraxes de Disney ("A danza dos esqueletos" e "A casa encantada"); no 1º ciclo, "O alucinante mundo de Norman"; no 2º, "Frankenweenie"; e no 3º, "O Apóstolo". Moito medo a verdade é que non pasamos, pero desfrutamos moito da sesión cinematográfica e, ademais, por primeira vez estivo acompañada de... FLOCOS DE MILLO!!!

martes, 28 de outubro de 2014

UN BO MOMENTO PARA LER A ROALD DALH


Coñeces este libro?






Non?? Pois bótalle un ollo a este pequeno vídeo.



Agora apetéceche lelo, verdade??

Búscao na biblioteca!!



Sección de Lectores Autónomos (nas baldas verdes). Busca no D de Dalh.

Ah!!

E disfútao!!


luns, 27 de outubro de 2014

TÍTERES "FALCATRÚA"

O pasado venres visitamos a Aula de Cultura de Mazaricos, para asistir a un espectáculo ofrecido pola compañía de títeres "Falcatrúa". Titulada O espíritu do bosque, conta a historia do acontecido nun bosque que é invadido polo lixo. Un dos seus protagonistas, Celes, coida o lugar ata que o malvado Maldrás o convence para que abandone esa actividade e traslade uns misteriosos bocois ao bosque. Os bocois resultan ser radioactivos, polo que os habitantes da fraga (árbores, rochas... ) alertan a Celes quen, ao decatarse da gravidade da situación, tratará de desbaratar os plans do ruín Maldrás.
Ao final do espectáculo, os dous membros da compañía invitáronnos a ver o teatro por dentro, e puidemos tocar os personaxes, movelos, ver de que materiais estaban feitos, etc. Un detalle dos actores que agradecemos enormemente!!!

venres, 24 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, creado no ano 1997 para concienciar á sociedade sobre a importancia da lectura en todas as etapas da nosa vida, e para destacar a importante labor que realizan os bibliotecarios. Por este motivo, foron moitas as bibliotecas galegas que promoveron diferentes actividades para nenos e nenas de todas as idades: exposicións bibliográficas, obradoiros de cómic e de curtametraxes, visitas guiadas, liberacións de libros e proxeccións, etc. Ademais, a Rede de Bibliotecas de Galicia acaba de inaugurar un novo servizo, GaliciaLe, unha plataforma en liña que dende o 20 de outubro pon á disposición dos usuarios e usuarias das bibliotecas públicas máis de 1.700 títulos de libros electrónicos, para o seu empréstito a través do portal http://www.galiciale.es/
Este ano, o acto conmemorativo nacional tivo lugar na "Casa do lector" de Madrid, en colaboración coa "Fundación Germán Sánchez-Ruipérez". Interviron Carme Solé, ilustradora e autora do cartel, e Antonio Rodríguez Almodóvar, escritor e autor do pregón homenaxe a ANA MARÍA MATUTE, que podedes ler a continuación:

PREGÓN HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE
-¡Ana María, despierta!
El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro. Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.
Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo.
-¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo.
-¡Soy el Príncipe Azul!
-¿El qué?
-El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
-¿Es obligatorio?
-Claro, lo manda la tradición.
-¡Pues entonces vete a hacer gárgaras!
Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia.Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escucuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos… Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico… y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado… Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos Grimm, Cuentos de H. C. Andersen, Cuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”.
Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.
-Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas -oyó a sus espaldas.
Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura.
-¿Se puede saber qué día es hoy?
-¿Hoy? -El príncipe no tenía ni la menor idea.
-¡Me acabo de acordar!- Exclamó ella-. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando! ¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo!
Antonio Rodríguez Almodóvar

xoves, 23 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014: HISTORIAS DE MEDO PARA LER E PARA VER!!!

Un ano máis, Rosiña escribiunos convidándonos ao "Concurso de Relatos de Medo" que tanto lle gusta celebrar. Nesta quinta ocasión, xa que estamos iniciando os nosos coñecementos sobre o mundo do cine, fíxonos unha proposta especial: soñar con ser guionistas cinematográficos!!! Veremos en que se inspira cada un de vós e con que sorprendentes e tenebrosas historias sorprendedes á nosa querida porquiña... 
Pero, por suposto!, tamén queremos animarvos a buscar a vosa cabaciña máis xeitosa para participar no "Concurso de Cabazas", que ademais formarán parte da decoración do corredor do colexio durante a vindeira semana. 
E o día 30, celebramos o Samaín coa entrega de premios, cun menú "de medo" feito para a ocasión polas nosas marabillosas cociñeiras, cantando "A bruxa Maruxa" e moitas máis cousiñas que vos iremos dicindo proximamente!!! 
Comezamos coa toma nº 1 das nosas historias terroríficas...


Aquí tedes a carta que vos escribiu Rosiña:

martes, 21 de outubro de 2014

COMO SE FAN OS DEBUXOS ANIMADOS?

CINE DE ANIMACIÓN E SAMAÍN

     Estes días estamos aprendendo o que é o CINE DE ANIMACIÓN, o que todos chamades "debuxos animados".
    Aproveitando esta circunstancia e que pronto estaremos celebrando o Samaín, Rosiña quere compartir con vós tres das primeiras curtametraxes de Disney.
  • A primeira delas foi rodada en 1929 e titúlase "The Squeleton Dance" (traducida como "A danza do esqueleto"). Na curta un grupo de esqueletos bailan e crean música nun tenebroso cemiterio, e os esqueletos usan o son das árbores e dos animais para acompañar o seu baile. Esta curta foi a primeira dunha serie titulada Silly Symphonies de Walt Disney. As notas musicais desta curta animada foron creadas por Carl Stalling, que logo crearía a música doutras curtas de Disney. Moita xente quedou impresionada con "The Skeleton Dance", debido a que os personaxes non falaban.


  • A segunda delas tamén  foi rodada no mesmo ano, 1929, e titúlase "The haunted house" (traducida  como "A casa encantada") e xa tiña como protagonista ao noso querido Mickey Mouse. Nesta curtametraxe Mickey Mouse terá a fortuna de atopar acubillo nuha casa durante unha tempestade. Unha casa encantada por misteriosos personaxes que desencadearán unha morea de situacións divertidas.  


  • A terceira curta titúlase "Trick or treat" ( traducida como "Truco ou trato") e foi filmada no ano 1952. Como veredes, xa está filmada con cor. As dúas anteriores estaban filmadas en branco e negro. Esta está en inglés e parécenos interesante para ver coa profe de inglés. No día de Halloween, Juanito, Jorgito e Jaimito van pedir lambetadas á casa do seu tío Donald. E este, en lugar de darlles caramelos, dálles uns petardos que explotan. A bruxa Hazel, que presenciou o que pasou, vailles axudar aos rapaces a conseguir os seus caramelos.

    Esperamos que disfrutedes destas curtas animadas tan antigas pero, á vez, tan fermosas.

domingo, 5 de outubro de 2014

xoves, 2 de outubro de 2014

VISITA DE ÁNGEL PEREIRA

Mañá venres 3 de outubro, recibiremos pola mañá na nosa biblioteca a ÁNGEL PEREIRA CARRACEDO, ex-alumno do noso cole e mestre de Educación Física (que fixo as súas prácticas tamén connosco), e autor do libro “LO QUE LLEVO TATUADO” que escribiu baixo o sobrenome de Jason Bross.


Aínda que o libro de Ángel non é para rapaces de Primaria, Rosiña está segura que cando cumprades uns aniños vos encantará lelo e disfrutalo.
 
Ángel tivo o detalle de viaxar dende Londres, lugar onde actualmente reside, para vir a presentarnos o seu traballo, para falar cos rapaces e rapazas do cole sobre como foi a súa experiencia como escritor e para demostrarnos que calquera de nós pode escribir un libro se temos unha historia interesante que contar aos demais.
Seguro que todos tedes moreas de preguntas que facerlle, verdade??

Os rapaces de 6º curso prepararon, con moito agarimo, un cartel para anunciar a súa visita. Está pegado no corredor do colexio pero tamén o colgamos aquí para que todo o mundo poida velo:




O sábado día 4, terá lugar a presentación do libro e a firma de exemplares na Casa de Cultura de Mazaricos.

Estades todos invitados!!