Un ano máis, o 30 de xaneiro celébrase o "Día da Paz", data na que aproveitamos para coñecer algunhas das moitas persoas que adican a súa vida a facer deste mundo un lugar no que os problemas se solucionen a través do diálogo e o respecto a todos os seres que habitamos a Terra. Partindo da lectura sobre Marte, deseñamos unha actividade que consistía en transformar o deus da guerra para os romanos no noso particular deus da paz. E quedounos verdadeiramente bonito, elegante e divertido!!!
Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos. |
Xunto a esta actividade, unimos tamén a proposta pola ONG Save the Children, da cal somos centro embaixador. A Carreira Quilómetros de Solidariedade celebrouse nesta XVIII edición para recadar cartos para os países do Corno de África: Etiopía, Somalia e Kenia. Para iso, nas aulas coñecemos un pouquiño a situación na que se atopan as nenas e nenos deses lugares, e en 5º e 6º fixeron unha pequena presentación que nos gustou moito a todas as asistentes. Despois saímos ao patio para facer un pequeno circuíto ao soliño e xuntamos os cartos de todos os grupos, rematando así unha xornada que deberiamos ter presente todos os días do ano, xa que como dicía Gandhi: "non hai camiño para a paz; a paz é o camiño".
Todos os grupos participaron na Carreira Save the Children. |
Unha aperta,
Rosiña