Amosando publicacións coa etiqueta cine-forum. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine-forum. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xaneiro de 2012

Unha peli para traballar no DÍA DA PAZ

Dende o blogue TRAFEGANDO RONSEIS do que somos seguidores, suxírennos a película CUANDO EL VIENTO SOPLA para que traballemos co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Está basada nun cómic do mesmo nome publicado no ano 1983 de Raymond Briggs publicado pola Editorial Debate na versión de Rosa Montero.
Película e libro narran a historia de dous avós que asisten impotentes ao comezo dunha guerra nuclear, dende a inxenuidade e a sinxeleza loitan pola súa propia supervivencia provocando que ao lector ou ao espectador se lle encolla o corazón.
Podedes ver a película en 7 fragmentos que están subidos a youtube e que vos deixamos a continuación:

Os profes tedes orientacións didácticas para traballar esta película aquí

xoves, 24 de novembro de 2011

ESCOLA DA PAIS: primeira sesión. CINE-FORUM


Continuando coas charlas para familias organizadas dende o Departamento de Orientación en colaboración co Servicio de Prevención de Drogodependencias da Asociación Neria, convocamos aos pais e nais do noso alumnado, a unha primeira sesión de CINE-FORUM o venres 25 ás 12:30. Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, visionaremos o documental "AMORES QUE MATAN" da directora Iciar Bollaín.

Trátase dunha curtametraxe de 20 minutos de duración que nos acerca á idioloxía machista e permítenos explicar algúns dos valores sobre os que se constrúe esta idioloxía. Aproxímanos tamén a "outra" forma de ser home, a de aqueles que se relacionan coas mulleres nun plano de igualdade e fan pública a súa oposición aos malos tratos ás mulleres e ao seu rexeitamento ao uso da violencia contra a súa parella. Esta curta é unha invitación a reflexionar sobre si é posibel a rehabilitación dos homes maltratadores.

Papis, mamis... esperámosvos!