venres, 28 de setembro de 2012

Visita ás Fragas do Eume

Hoxe, venres 28 de setembro, por fin, visitamos as Fragas do Eume e queremos compartir aquí as fotos desta visita que tantas veces tivemos que aplazar por culpa da meteoroloxía e que en realidade queriamos ter feito en xuño como broche final ao Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras" que desenvolvimos o curso pasado.

mércores, 26 de setembro de 2012

O venres 28 visitaremos ÁS FRAGAS DO EUME.

Trátase dunha visita programada o curso pasado dentro do Proxecto Integrado: "Sementando bosques de palabras" promovido dende a biblioteca do centro. Durante todo o ano traballamos a temática dos bosques e quixemos pechar o curso visitando este Parque Natural tan importante en Galicia. Pero o mal tempo estragou os nosos plans a pesares de cambiar a data da visita varias veces.
Non queríamos comezar este curso sen realizar esta visita tan especial para nós; así que, o venres, alá imos: a admirar as nosas queridas Fragas do Eume.

Para saber un pouquiño máis das Fragas deixovos aquí algúns VÍDEOS que, de seguro, vos gustará ver para demostrar alá todo o que xa sabemos sobre este parque, a súa fauna e a súa flora.














Aquí tamén vos deixo algunhas GUÍAS para os que queiran aprender máis cousas sobre as Fragas:


Reportaxes en revistas:

 REVISTA GALICIA 10 (ver páxina 8)

REVISTA PAZOS DE GALICIA  (Ver páxina 5)

martes, 25 de setembro de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Ola a todos: nenos, nenas, familias e seguidores!!!


Aquí estamos todos de novo outra vez!!! Remataron as vacacións e empezamos un novo curso. Dende a nosa biblioteca queremos darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013.

E diredes vós.....!!! Pero que tarde, nos saúda Rosiña este ano!!!
Pois si!! Tardei un pouco porque estiven de viaxe polo mundo adiante coñecendo outras xentes e outras maneras de vivir. E cando cheguei á nosa biblio había tanto que facer que non tiven tempo para asomarme ao blogue e mandarvos un agarimo!! 
Tiven que poñerme a:
  • ordenar a biblio, 
  • a preparar os Caixóns de Lectura para as vosas clases, 
  • explicarlles aos profes novos como funciona o das Mochilas Viaxeiras, 
  • axudarlles a preparalas, 
  • convocar novos Axudantes de Biblioteca
  • ensinarlles cales eran a súas obrigas e preparlles os seus contratos para que firmasen
  • decidir cos profes temática para o proxecto integrado de este ano
  • argallar cousas divertidas para vos...
Pufff !!!! Xa vedes! Estiven moi atarefada!!

A partir de agora, verémonos por aquí!!
Estade atentos, axiña teredes noticias miñas!