Amosando publicacións coa etiqueta día da nai. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da nai. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de maio de 2014

DÍA DA NAI

Coma sempre imos celebrar este fermoso día con algunas recomendacións lectoras.


"Así te quiero". Este é o principio e o final dun álbum ilustrado cargado de fantasía y de moreas de amor, no que una nai expresa o amor hacia o seu fillo. Unha nai que ama desinteresadamente, pois só así se... pode amar aos fillos, co corazón e sen esperar nada a cambio. Só así, logramos ser felices cos nosos pequenos e non tan pequenos.

Así te quiero, mamá
Gabriela Keselman
Ilustracións de Lucía Serrano.
Editorial SM


Só as nais saben onde gardan ese amor tan grande que entregan cada día ata no máis pequeno xesto. Como ben di Raquel, a autora e ilustradora deste enternecedor relato só hai un lugar onde pode gardarse ese amor tan grande. 
Un amor tan grande
Raquel Díaz Reguera
Editorial Imaginarium
 



No é toda unha aventura ver o mundo a través dos ...vestidos de mamá?
Imaxinas ser una princesa sobre o vestido de cadros brancos e negros, subida a un cabalo e liberando a un peón? E viaxar de "si bemol" a "sol" sobre o seu traxe de raias? Ou subirte aos teus pinceis e pintar sen ton nin son sobre aquel vestido branco e enchelo de cor? Ou sentir a cara vermella, e ter a risa floxa, naquel de corazóns? As historias e ilustracións de Mónica Carretero están cheas de humor e tenrura, de ledicia e de cor... e de segredos que os rapaces sempre descobren. Esta, ademáis, é una enorme declaración de amor a mamá e á imaxinación.
 
Los vestidos de mamá
Mónica Carretero
Editorial Kókinos

venres, 3 de maio de 2013

DÍA DA NAI

O próximo domingo celebraremos un día moi especial: O DÍA DA NAI. 
Todos estamos estes días buscando o regalo máis especial para a persoa máis importante das nosas vidas.
Dende a nosa biblioteca queremos contribuír ás celebracións dun día tan cheo de amor e ledicia e queremos facelo recollendo nunha Guía de Lectura, todos aqueles libros da nosa literatura, a Literatura Infantil e Xuvenil, que están adicados a esa persoa que nos dá a vida que o dá todo por nós.
Por elas e con todo o noso cariño: Feliz día, mamás!!



Como levamos todo o curso traballando nun Proxecto Integrado que xira arredor do tema da multiculturalidade titulado "Onde os libros te leven", queremos recuperar un vídeo que xa elaboramos no 2010 que nos ven como anel ao dedo para celebrar o día da nai dende o punto de vista dunha maternidad multicultural. A elas llo dedicamos!!



E xa por último!! E porque somos uns namorados da arte, algo para deleitar os nosos ollos! Canta beleza!


sábado, 5 de maio de 2012

COMO MIÑA NAI NINGUNHA

Ola rapaces!!! O domingo é un día moi especial para todos. É o DIA DA NAI. Todos lle tedes algo especial agochado para darlle mañá verdade??
Nós tamén queríamos recuperar un vídeo que prepararamos xa fai dous anos para conmemorar este día. Lembradelo???
Adicámollo a todas elas, por ser a persona maís especial para cada un de nós!
POR ELAS QUE NOS DAN A VIDA E FAN DE NÓS BOAS PERSOAS!




E como no!!! A biblio sempre ten algo especial para este día!!!

Aquí tedes algún libro que rinde homenaxe a todas as mamás!!
"Mamá, ti si que me entendes" Teresa Moure. Editorial Galaxia 2009
"Miña nai é fantástica" Nick Butterworth Editorial Xerais
"Vida secreta de las mamás" Beatrice Masini e Alina Marais Editorial Laberinto 2009

"Un mundo de mamás" Marta Gómez Mata. Editorial Comanegra 2009

"Adivina cuanto te quiero" Sam MacBratney Editorial Kókinos 1998



"Mamás del mundo" V.V.A.A. Editorial La Galera 2007




"Eu tamén son fonte". Teresa Moure. Editorial Galaxia. 2008
"Maxia". Charo Pita. Editorial OQO 2011


"Mamás del mundo". V.V.A.A. Editorial la Galera 2007



domingo, 2 de maio de 2010

Primeiro domingo de maio: DÍA DA NAI

Ola rapaces!!! Son Rosiña. Hoxe é un día moi especial para todas as nosas NAIS por iso imos facerlles un pequeno agasallo.


Tamén quería recomendarvos algunhas lecturas para celebrar este día que de seguro vos van a encantar!!!
"Mamá, ti si que me entendes" Teresa Moure. Editorial Galaxia 2009

"Miña nai é fantástica" Nick Butterworth Editorial Xerais
"Vida secreta de las mamás" Beatrice Masini e Alina Marais Editorial Laberinto 2009

"Un mundo de mamás" Marta Gómez Mata. Editorial Comanegra 2009


"Adivina cuanto te quiero" Sam MacBratney Editorial Kókinos 1998

"Mamás del mundo" V.V.A.A. Editorial La Galera 2007