sábado, 28 de febreiro de 2015

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

O profesorado do cole está realizando un curso sobre Intelixencia Emocional, para o cal invitamos á experta TERESA MOLEZÚN, quen asistiu ao centro durante varias xornadas para poñer en práctica as habilidades socio-emocionais, que teñen unha influencia directa no éxito das relacións humanas en todos os seus ámbitos. E tamén queremos traballalas con todo o alumnado do cole. Por iso, dende o blogue iremos compartindo toda aquela información que nos pareza interesante ter en conta. Empezamos?
Para traballar algúns dos sentimentos que máis coñeces, preme na seguinte imaxe:

 http://www.vedoque.com/juegos/identidad-sentimientos-diversidad.swf?idioma=es 

Se queres descubrir como cambia o pelo da protagonista desta historia en función dos seus sentimentos, mira o seguinte vídeo:



Nestoutro enlace podes observar e crear rostros que expresan diferentes sentimentos:
 https://es.tiching.com/la-expresion-del-rostro/recurso-educativo/71169

E nestoutro vídeo atoparás personaxes cinematográficos que amosan tamén emocións que de seguro poderás identificar:





SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Onte inaugurouse a XVI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Nesta ocasión leva por título "Da ciencia á ficción", así que matemáticas, astronomía, física e química..., serán algúns dos temas sobre os que centrarán a meirande parte das súas actividades. Dende o 27 de febreiro ata o 28 de marzo o Pazo da Cultura de Pontevedra programa contacontos, obradoiros, espectáculos musicais e de teatro, conferencias e mesmo roteiros pola cidade.
Tedes toda a información premendo na seguinte imaxe, que é o cartel deste ano:

 http://www.salondolibro.org/

VISITA AO MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología)

Non coñeciamos este Museo de A Coruña, pero xa podemos afirmar que é un dos nosos preferidos. Onte visitámolo por primeira vez e pareceunos que debemos recomendarllo a todas as persoas que teñan curiosidade por aprender máis sobre temas relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. 
Nas súas salas expóñense diferentes pezas: 
-as máis históricas, na "Sala Patrimonio" (instrumentos para medir o tempo, para a navegación...); 
-na "Sala Século XX" puidemos ver moitos dos obxectos que máis empregamos na nosa vida cotiá, pero cun aspecto totalmente diferente (radios, televisores, teléfonos, coches, motos, aparello para rizar o pelo...); 
-as pezas de maior tamaño atópanse na "Sala Maiúsculas" (pianolas, a lanterna que usou a Torre de Hércules na segunda metade do século XIX, a máquina coa que se proxectou a última película no cine "París" de A Coruña...); 
-na "Sala Innovación Española-Exposición Premios Jaime I" fan un percorrido a través da actividade realizada por profesionais aos que lles outorgaron este premio (o noso querido ÁNGEL CARRACEDO é un deles!!!); 
-na "Sala Miscelánea" atopamos pezas de laboratorio de física e química, diferentes tipos de martelos, obxectos de formas extrañas..., e dous robots que estabamos desexando coñecer: Marilú e Pepexán. Incluso falaron con nós antes de que rematara a nosa visita!!! 
Pero foi na "Sala Iberia" na que pasamos a maior parte do tempo. Nela atópanse varias partes dun avión "Boeing 747" de Iberia: unha turbina, parte dunha á, as caixas negras, e a parte frontal, na que incluso puidemos entrar! Este avión, bautizado como "Lope de Vega", transportou, ademais de moitas persoas, unha das obras pictóricas máis importantes da historia: o "Guernica", de Pablo PICASSO, dende Nova Iorque a Madrid.

Ademais de todo isto, preparáronnos un obradoiro moi interesante e relacionado co tema do cine. As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º regresamos con dous TAUMÁTROPOS, e en 4º, 5º e 6º cun FENAQUITISCOPIO. E o certo é que estes dous predecesores do cine quedáronnos chulísimos. Aquí quedan as fotos dun día no que, ademais, PUIDEMOS VER O MAR!!!



xoves, 26 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do 178 aniversario de Rosalía de Castro, foron moitos os centros que organizaron actividades para recordar á autora de Follas Novas, unha das súas obras máis representativas. 
Aquí vos deixamos o vídeo elaborado por unhas rapaciñas de Muras, para que a todos vós non vos pase como a TITA...

martes, 24 de febreiro de 2015

UNHA PROTAGONISTA ESPECIAL EN GOOGLE

Hai 178 anos, o 24 de febreiro nacía Rosalía De Castro en Santiago de Compostela. No mundo da literatura, Rosalía é unha das escritoras máis importantes da nosa lingua, pero tamén realizou excelentes aportacións en castelán. Rosalía é comparada por moitas persoas como a "alma de Galicia". 
Hoxe, a imaxe de cabeceira da páxina de inicio de Google, coñecida como "doodle", está adicada a unha das figuras máis representativas da nosa cultura. No "doodle", ademais dunha imaxe de Rosalía, aparecen os primeiros versos dun dos seus poemas máis coñecidos. Seguro que máis de un/unha podería recitalo de memoria! Animádevos a aprender este ou outros poemas, porque é un exercicio fantástico e moi fermoso!!!




luns, 23 de febreiro de 2015

BIBLIOTECAS DE CINE

Apetéceche darte unha voltiña polas bibliotecas que saen nas películas??

 Pois vente conmigo e verás!!

Sigue el tablero BIBLIOTECAS DE CINE de Asun en Pinterest.

mércores, 18 de febreiro de 2015

HISTORIA DO CINE

Ola, rapaciños e rapaciñas! Como estades? Seguro que desfrutando das últimas horas do Entroido, eh? Así me gusta! Pois aquí Rosiña, entre disfraz e disfraz, atopou algúns vídeos relacionados co noso proxecto documental deste curso, e quere compartilos con todos vós. 
No primeiro podedes ver un vídeo que resume a historia do cine en menos de 10 minutos. É moi entretido e interesante:


E no seguinte, a evolución do cine como técnica e arte de proxectar fotogramas. Ao final do mesmo resalta a figura de Charles Chaplin. Aínda que ten un carácter máis técnico que o anterior, tamén é recomendable:


venres, 13 de febreiro de 2015

UN ENTROIDO DE CINE

Así foi como celebramos nesta ocasión o noso Entroido: convertendo o cole nun plató cinematográfico de grandes estrelas mundiais. Despois dunha semana na que o Meco nos foi anunciando día tras día os diferentes mandadiños, o venres chegou o momento de vestir os disfraces elaborados en cada aula para esta festa tan divertida e chea de cor. Cada grupo do cole inspirouse en diferentes personaxes de películas ben coñecidas, en actores... Tamén houbo sitio para un pirata moi atento e dous venecianos imprescindibles. E mesmo houbo algunha mamá que se animou tamén a disfrazarse seguindo a temática proposta e chegou transformada nun coñecido director de cine español. Fantástica!

O desfile, debido ao mal tempo, tivo lugar no comedor. Alí xuntámonos todas as persoas asistentes para ver: 
-as cartas de póquer de "Alicia no país das marabillas" de Ed. Infantil
-os Charles Chaplin do 1º ciclo
-as súper-heroínas e súper-heroes de 3º curso
-os Míster Fogg e Passpartout de "A volta ao mundo en 80 días" de 4º curso
-as diabólicas Annabelle e os terroríficos Billy de 5º curso
-e a un fantástico "remexolo" de personaxes de 6º curso: Mary Poppins e o desenfeluxador, Harry Potter, Superman, Indiana Jones, Minnie Mouse, a princesa Leia e Han de "Star Wars", Sandy Olsson e Danny Zuko de "Grease" e o Gandalf de "O señor dos aneis". 

Despois, cantamos as coplas compostas para a ocasión, rompemos as piñatas e probamos as exquisiteces achegadas polas familias. Aquí tedes as imaxes dunha xornada de película:

mércores, 11 de febreiro de 2015

TEMPO DE ENTROIDO

Xa sei que todas as persoas do cole andades ultimando os vosos disfraces para este venres. Pero se tedes algún tempo libre, podedes aprender moitas cousas sobre o Entroido nos seguintes enlaces:
O profesorado do Seminario Galán preséntannos novos recursos, actividades e xogos que vos servirán para coñecer máis polo miúdo esta tradición (premede na imaxe):
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015_seminario

Para os fans dos Bolechas, un libro no que esta familia tamén anda a celebrar o Entroido, con receitas incluídas:
http://osbolechas.com/o-entroido/

E se premedes na seguinte imaxe, podedes xogar a facer diferentes disfraces:

http://www.edu365.cat/infantil/jocs/flipbook.swf

luns, 9 de febreiro de 2015

UN DIRECTOR DE CINE NO NOSO COLE!!!

Hoxe recibimos a visita de XOÁN ESCUDERO. Xoán é un rapaz que se adica ao mundo cinematográfico dende hai varios anos; nada máis e nada menos que á dirección!!!
Ao longo da mañá falounos de moitas cousas sobre o cine, e conversamos con el sobre moitos temas que ían saíndo das nosas películas favoritas. Así, adicamos algo de tempo aos xéneros cinematográficos (animación, ciencia ficción, fantasía/de aventuras, históricas, documentais). E explicounos como se facían os debuxos animados (con debuxos, con plastilina, a técnica do "stop motion",...).
Tamén nos falou da importante relación que teñen a música e o cine, e a partir dun videoclip, pasamos un rato moi entretido falando dos diferentes tipos de planos e contándoos!!!
Por último, Xoán contounos o seu último proxecto: un documental sobre un deporte pouco común (o "bobsleigh"), que practica unha rapaza de Arcade (Pontevedra). Alguén se atreve a practicalo?


Moitísimas grazas por achegarte ata o noso cole, por adicarnos parte do teu tempo contándonos tantas cousas interesantes e dun xeito moi ameno. Tivéchesnos enganchados/as a todos/as!!! Pasámolo tan ben, Xoán, que estamos desexando que volvas outro día!!! 
Mentras tanto, faremos a tarefa que che prometemos, así que imos pensando...
Aquí podedes ver as fotos que fixemos nun día fantástico que, ademais, inauguraba a semana do Entroido co primeiro mandadiño do noso Meco:


venres, 6 de febreiro de 2015

CINE E MEDIOAMBIENTE

Dende o blog de VOZ NATURA chegounos unha fermosa recompilación de películas relacionadas co medio ambiente. E neste curso tan cinematográfico, véñennos fenomenal!!! 
Algunhas seguramente xa as coñecedes ("Avatar", "Wall-E", "Ice Age", "A princesa Mononoke"), pero hai outras moitas!!! Se premedes sobre a seguinte imaxe, descubrirédelas:
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/

Dende aí tamén podedes acceder á páxina de Enrique Martínez-Salanova sobre cine e medio ambiente. Ademais de filmes, atoparás artigos, bibliografía, etc.
Unha marabilla para todas as persoas que pensamos que o cine é unha ferramenta didáctica que non debería ser ignorada nas escolas.
Enrique Martínez- Salanova
Avatar , Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See more at: http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf
Avatar , Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See more at: http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf
Avatar , Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See more at: http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf