luns, 9 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2001: LOIS PEREIRO

Como ben sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta Lois Pereiro. No Equipo de Biblioteca estivemos recompilando unha chea de recursos para traballar nas aulas. Pincha no debuxo para acceder a eles.
Tamén atoparás un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación do panel lateral.

Sacádelle todo o partido que poidades ás actividades e disfrutade dos vídeos.

CHARLA DE ANGEL CARRACEDO SOBRE O FONDO MARIÑO PARA O ALUMNADO

Para rematar este día tan importante para nós, D. Ángel Carracedo ofreceu unha charla na biblioteca para os nenos e nenas de Infantil e Primaria, na que proxectou diapositivas feitas por el mesmo do fondo mariño, pois este curso estamos traballando nun proxecto interdisciplinar sobre o mar como tema central. Angel é un gran apaixonado do mar e un experto mergullador. E así, entre preguntas inxeniosas e caras de asombro dos nenos contemplar esas marabillosas fotografías, e ante as cariñosas explicacións do noso persoeiro, rematou un día tan intenso como emocionante.
VÍDEO 1


VÍDEO 2


VÍDEO 3


VÍDEO 4


VÍDEO 5

CHARLA DE D. ANGEL CARRACEDO SOBRE OS SEUS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Despois de inaugurar a nosa biblioteca D. Angel Carracedo tivo a ben ofrecernos unha charla para os adultos (mentres os rapaces comían) na que falou dos seus actuais traballos de investigación xenética centrados nos campos da Xustiza e da Medicina Clínica. Os asistentes quedamos abraiados escoitando como un científico con tanto prestixio internacional era capaz de explicar o seu traballo cunhas palabras tan sinxelas que todos eramos capaces de comprender deixándonos a todos a sensación de querer estar escotándoo todo o día!!
Como sabemos que foi moita a xente que quería estar connosco este día e escoitar a Angel pero as súas responsabilidades laborales llo impediron, co permiso do Dr. Carracedo, aquí tedes os vídeos da súa charla.
1ª PARTE 



2ª PARTE 



3ª PARTE

4ª PARTE

domingo, 8 de maio de 2011

ACTO DE INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

Queríamos compartir con todos vos este acto tan importante para a nosa comunidade educativa e agradecervos outra vez a todos os que contribuistes co voso graniño de area a que o noso soño se fixese realidade. Aquí vai a nosa crónica:
Mércores 4 de maio
10:00 Comeza a xornada lectiva e estamos todos nerviosísimos.
11:20 Chega o noso Inspector D. Eduardo Fernández e mantemos unha pequena reunión con el.
11:30 Chega D. Angel María Carracedo o noso invitado máis especial. 
12:20 Comezan a chegar os invitados.
12:45 Os rapaces trasládanse á biblioteca. Os adultos esperan fora.
12:50 Comeza o acto coa actuación:
Raúl Paris (6º curso) comeza a tocar a gaita. Despois dos aplausos e cando comeza a interpretar o seu segundo tema os asistentes adultos comezan a entrar na biblioteca. Seguidamente, a tamén alumna 6º curso Araceli Nieto canta o tema "Alecrín" á capela. O público emociónase e aplaude.



A continuación, Julia Pereira, alumna de 2º curso, da lectura a un poema de Pablo Albo.



Despois dos aplausos dos asistentes, o noso director D. José Javier Sánchez iniciou o seu discurso no que agradeceu a asistencia de todos os presentes e a labor de todos aqueles que fixeron que esta biblioteca chegara a ser o que é hoxe en día.

O noso Inspector D. Eduardo Fernández tamén quixo contribuir cunhas palabras nas valorou o gran esforzo realizado pola nosa Comunidade Educativa e destacou a importancia de biblioteca como centro neurálxico do colexio. Quixo tamén desculpar a presencia da Xefa Territorial e do Inspector Xefe que non puideron estar connosco moi ao seu pesar.


Tocáballe a quenda ao gran progragonista do día, D. Angel Mª Carracedo Álvarez, recoñecido xenetista, investigador e catedrático de Medicina Legala da U.S.C. que nos ofreceu un discurso tan cercano que nos emocionou dun xeito intenso. Ademáis anunciounos que donaría a nosa biblioteca un lote de libros infantis da súa biblioteca persoal.


A continuación descubriu unha placa conmemorativa e Rubén de Infantil de 5 anos fíxolle entrega dun agasallo do centro, que lle fixo moita ilusión. A continuación, e para rematar o acto, D. Ángel firmou no Libro de visitas da nosa biblioteca quedando así inmortalizado o seu paso polo noso centro.



 No noso Libro de visitas firmaron tamén algunhas outras persoas importantes para nós que se deron cita neste evento.

luns, 2 de maio de 2011

O MÉRCORES 4 INAUGURAMOS A NOSA BIBLIO

Ola a todos e todas!!!
Son Rosiña e quero darvos unha noticia moi importante!!!
O mércores día 4 imos celebrar a INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIO.
Ás 12:45 tendes que estar todos preparados/as pois imos recibir á visita dunha persoa moi importante.
Chámase ANGEL MARÍA CARRACEDO ALVAREZe é un dos xenetistas máis importantes do noso pais.
Ten unha chea de títulos. Mirade para aquí:
   -Catedrático de Medicina Legal de la Universidad de Santiago de Compostela
     -Director do Instituto de Medicina Legal
     -Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
     -Director do Centro Nacional de Genotipado
     -Presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense
E tamén lle deron premios tan importantes como:
     -Premio Rey Jaime I en Investigación Médica
     -Premio Galien 2010 á mellor labor investigadora

Pois este señor tan importante que sempre está investigando e viaxando por medio mundo decidiu que a nosa biblio tamén era importante e quixo vir a celebrar connosco a súa Inauguración. Ademais aproveitaremos para que nos conte cousas do seu traballo e tamén sobre o tema do noso proxecto deste ano: o mar. Ao Dr. Carracedo encántalle o mar e quere compartir connosco os seus coñecementos.
También lle dará unha charla a todos os adultos que se queiran acercar para escoitalo (á 13:30): mestres, pais, veciños e demás invitados.
Tamén contaremos coa visita de algunhas Autoridades (persoeiros da Consellería de Educación e do Concello) e de outros invitados.
Estou un pouquiño nerviosa e superemocionada!!!!
LEMBRADE ESTADES TODOS INVITADOS Á FESTA!!!
Rosiña

CONTACONTOS IAGO

O mércores 27, dentro das actividades organizadas para celebrar a conmemoriación do DÍA DO LIBRO recibimos de novo na biblio a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ (por xentileza da Editorial Xerais). Cargado co "seu cubo máxico" de onde sempre saca unha historia preparada para atraparnos, Iago volveu a engaiolarnos cas aventuras dunha nena chamada Alba. Queredes velas fotos??


domingo, 1 de maio de 2011

XA TEMOS ITINERARIO LECTOR

Por fin xa temos elaborado o noso ITINERARIO LECTOR:
E vos preguntarédesvos: Que iso do Itinerario Lector???
Pois ben, tratáse dunha selección de libros axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no noso Proxecto Lector de Centro. Ten como obxectivo favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado.
En resumo, son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
O listado é aberto,  flexible e revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.


mércores, 27 de abril de 2011

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Xa estamos de volta!!! Que tal de vacacións!!! De seguro que as aproveitastes ben, verdade?
Como ben sabedes o sábado 23 celebrouse o DÍA DO LIBRO e como caeu un día de vacacións non o poidemos celebrar no cole como se merece un día tan importante. Pero non importa, pois podemos celebralo durante toda esta semana.
Empezamos hoxe á tarde recibindo a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ por xentiliza da Editorial XERAIS.
Tamén vos deixamos aquí o acceso a nosa Recopilación de Recursos e actividades para empregar nas aulas nestas datas. De seguro que atopades o que andades buscando. 

(Atoparas un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación no panel lateral.)
E un regaliño máis. Este fermoso poema de Carlos Negro que é un agasallo seu para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Uha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
Unha pulga e o xigante.
Uha rosa e o cravo.
Unha serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

sábado, 16 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011

Celebránrose no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 os días 7 e 8 de abril. A eles asistimos todos os coordinadores dos centros educativos incluidos neste Plan. Para nós, que somos novatos, era a primeira vez que acudiamos a estes encotnros e asistimos ambos días (o día 7 era só para os centros de nova incorporación coma nós).

Os encontros foron inaugurados polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

Os xoves acudimos as seguintes ponencias:
  • "Bibliotecas escolares ¿para qué? Como facer da biblioteca algo imprescindible." A cargo de Monica Baró.
  • "Plan de mellora de bibliotecas escolares. Centros de nova incorporación" a cargo de Cristina Novoa e Pilar Sampedro.
  • "Proxecto Meiga. Posibilidades pedagóxicas." A cargo de Cesar Iglesias.
  • "Redes Sociais, Web 2.0 e bibliotecas escoalres. Recursos para a aprendizaxe." a cargo de José Antonio Cordón.
  • "A colección da biblioteca escolar entre interrogantes: Por qué, para qué, qué e cómo" a cargo de Luis Miguel Cencerrado.
O venres acudimos ás seguintes actividades:
  • "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" a cargo de Teresa Mañá e Mónica Baró.
  • Presentaicón de experiencias en sesións simultáneas baixo o título "Literatura en imaxes. Cine e Banda Deseñada"
  • Xuntanzas por zonas de representantes dos centros para intercambiar experiencias e materiais.
  • "Libros e lectura na xente nova" a cargo do escritor Xosé Neira Vilas.
Dende a nosa biblio queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posibles estes Encontros en especial a Pilar Sampedro e Cristina Novoa da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Os materias dos encontros, así como os vídeos pódense atopar AQUI  entrando como convidado.

É DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS

Queríamos agradecer dende aquí a colaboración prestada pola Biblioteca de Bertamiráns (Ames) que además de prestarnos libros nos prestou gran parte da decoración relacionada coa temática do mar que agora mesmo luce a nosa biblio. Grazas en especial a Teresa.

Tamén temos que agracer a colaboración do CPI da Picota que tamén nos prestou unha morea de libros relacionados co mar e tamén libros para o noso Club de lectura. Grazas en especial a súa colaboradora Socorro.

E por último, grazas ao CEIP de Louro (Muros) por prestarnos libros para o Club de Lectura e tamén polo asesoramento da súa coordinadora, Carmela.