Para rematar este día tan importante para nós, D. Ángel Carracedo ofreceu unha charla na biblioteca para os nenos e nenas de Infantil e Primaria, na que proxectou diapositivas feitas por el mesmo do fondo mariño, pois este curso estamos traballando nun proxecto interdisciplinar sobre o mar como tema central. Angel é un gran apaixonado do mar e un experto mergullador. E así, entre preguntas inxeniosas e caras de asombro dos nenos contemplar esas marabillosas fotografías, e ante as cariñosas explicacións do noso persoeiro, rematou un día tan intenso como emocionante.
VÍDEO 1
VÍDEO 2
VÍDEO 3
VÍDEO 4
VÍDEO 5
Ningún comentario:
Publicar un comentario