mércores, 27 de abril de 2011

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Xa estamos de volta!!! Que tal de vacacións!!! De seguro que as aproveitastes ben, verdade?
Como ben sabedes o sábado 23 celebrouse o DÍA DO LIBRO e como caeu un día de vacacións non o poidemos celebrar no cole como se merece un día tan importante. Pero non importa, pois podemos celebralo durante toda esta semana.
Empezamos hoxe á tarde recibindo a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ por xentiliza da Editorial XERAIS.
Tamén vos deixamos aquí o acceso a nosa Recopilación de Recursos e actividades para empregar nas aulas nestas datas. De seguro que atopades o que andades buscando. 

(Atoparas un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación no panel lateral.)
E un regaliño máis. Este fermoso poema de Carlos Negro que é un agasallo seu para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Uha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
Unha pulga e o xigante.
Uha rosa e o cravo.
Unha serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario