Queríamos compartir con todos vos este acto tan importante para a nosa comunidade educativa e agradecervos outra vez a todos os que contribuistes co voso graniño de area a que o noso soño se fixese realidade. Aquí vai a nosa crónica:
Mércores 4 de maio
10:00 Comeza a xornada lectiva e estamos todos nerviosísimos.
11:20 Chega o noso Inspector D. Eduardo Fernández e mantemos unha pequena reunión con el.
11:30 Chega D. Angel María Carracedo o noso invitado máis especial.
12:20 Comezan a chegar os invitados.
12:45 Os rapaces trasládanse á biblioteca. Os adultos esperan fora.
12:50 Comeza o acto coa actuación:
Raúl Paris (6º curso) comeza a tocar a gaita. Despois dos aplausos e cando comeza a interpretar o seu segundo tema os asistentes adultos comezan a entrar na biblioteca. Seguidamente, a tamén alumna 6º curso Araceli Nieto canta o tema "Alecrín" á capela. O público emociónase e aplaude.
Raúl Paris (6º curso) comeza a tocar a gaita. Despois dos aplausos e cando comeza a interpretar o seu segundo tema os asistentes adultos comezan a entrar na biblioteca. Seguidamente, a tamén alumna 6º curso Araceli Nieto canta o tema "Alecrín" á capela. O público emociónase e aplaude.
A continuación, Julia Pereira, alumna de 2º curso, da lectura a un poema de Pablo Albo.
Despois dos aplausos dos asistentes, o noso director D. José Javier Sánchez iniciou o seu discurso no que agradeceu a asistencia de todos os presentes e a labor de todos aqueles que fixeron que esta biblioteca chegara a ser o que é hoxe en día.
O noso Inspector D. Eduardo Fernández tamén quixo contribuir cunhas palabras nas valorou o gran esforzo realizado pola nosa Comunidade Educativa e destacou a importancia de biblioteca como centro neurálxico do colexio. Quixo tamén desculpar a presencia da Xefa Territorial e do Inspector Xefe que non puideron estar connosco moi ao seu pesar.
Tocáballe a quenda ao gran progragonista do día, D. Angel Mª Carracedo Álvarez, recoñecido xenetista, investigador e catedrático de Medicina Legala da U.S.C. que nos ofreceu un discurso tan cercano que nos emocionou dun xeito intenso. Ademáis anunciounos que donaría a nosa biblioteca un lote de libros infantis da súa biblioteca persoal.
A continuación descubriu unha placa conmemorativa e Rubén de Infantil de 5 anos fíxolle entrega dun agasallo do centro, que lle fixo moita ilusión. A continuación, e para rematar o acto, D. Ángel firmou no Libro de visitas da nosa biblioteca quedando así inmortalizado o seu paso polo noso centro.
No noso Libro de visitas firmaron tamén algunhas outras persoas importantes para nós que se deron cita neste evento.
Parabéns a todos vós por isa inauguración a todo trapo. Como ten que ser!
ResponderEliminarEsas estreas son as que cambian os días de cada dí.
E Angel? Unha honra que puiderades contar con le. Ese home SABE q importancia que ten "a compensación de desigualdades de partida".
Que dure ese ambiente de alegría.
Parabéns pola biblioteca, pola inauguración e tamén, por contar co A. Carrecedo, extraordinario científico e mellor persoa.
ResponderEliminarPareceume fermosísimooooo!! Vaia artistazos tedes por Mazaricos!!! Unha aperta dende Cervo.
ResponderEliminarNoraboa por esa biblioteca.
ResponderEliminarBibliocovas dende Viveiro