Queríamos agradecer dende aquí a colaboración prestada pola Biblioteca de Bertamiráns (Ames) que además de prestarnos libros nos prestou gran parte da decoración relacionada coa temática do mar que agora mesmo luce a nosa biblio. Grazas en especial a Teresa.
Tamén temos que agracer a colaboración do CPI da Picota que tamén nos prestou unha morea de libros relacionados co mar e tamén libros para o noso Club de lectura. Grazas en especial a súa colaboradora Socorro.
E por último, grazas ao CEIP de Louro (Muros) por prestarnos libros para o Club de Lectura e tamén polo asesoramento da súa coordinadora, Carmela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario