Son Rosiña e quero darvos unha noticia moi importante!!!
Ás 12:45 tendes que estar todos preparados/as pois imos recibir á visita dunha persoa moi importante.
Chámase ANGEL MARÍA CARRACEDO ALVAREZe é un dos xenetistas máis importantes do noso pais.
Ten unha chea de títulos. Mirade para aquí:
-Catedrático de Medicina Legal de la Universidad de Santiago de Compostela
-Director do Instituto de Medicina Legal
-Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
-Director do Centro Nacional de Genotipado
-Presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense
E tamén lle deron premios tan importantes como:
-Premio Rey Jaime I en Investigación Médica
-Premio Galien 2010 á mellor labor investigadora
Pois este señor tan importante que sempre está investigando e viaxando por medio mundo decidiu que a nosa biblio tamén era importante e quixo vir a celebrar connosco a súa Inauguración. Ademais aproveitaremos para que nos conte cousas do seu traballo e tamén sobre o tema do noso proxecto deste ano: o mar. Ao Dr. Carracedo encántalle o mar e quere compartir connosco os seus coñecementos.
También lle dará unha charla a todos os adultos que se queiran acercar para escoitalo (á 13:30): mestres, pais, veciños e demás invitados.
Tamén contaremos coa visita de algunhas Autoridades (persoeiros da Consellería de Educación e do Concello) e de outros invitados.
Estou un pouquiño nerviosa e superemocionada!!!!
LEMBRADE ESTADES TODOS INVITADOS Á FESTA!!!
Rosiña
Pois Tranquila, Rosiña, que seguro que vos sae todo moi ben! Noraboa e unha aperta de Puca, dende Cervo,Lugo.
ResponderEliminar