Hoxe comeza abril, e inaugurámolo coa celebración do "Día das Artes Galegas". Nesta ocasión, a Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), decidiu adicarlle a xornada do 1 de abril a Luís Seoane López, recoñecendo así unha das figuras artísticas máis importantes de Galicia. Luís Seone, que naceu en Bos Aires (Arxentina) no ano 1910 e morreu en A Coruña en 1979 , desarrollou facetas moi diversas: teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor.
A Rede do Patrimonio Cultural de Galicia súmase a esta celebración a través de carteis que resaltan a figura do artista, con texto elaborado pola experta Rosa Espiñeira Pan.Premendo AQUÍ tamén tedes a Unidade Didáctica elaborada no CEIP "Juan Fernández Latorre" de A Coruña.
Anímovos a coñecer a obra desta grande figura da nosa cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario