Coma en anos anteriores, o IBBY (International Board on Books for Young people) chama á conmemoración do Día
Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento
de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico
deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a
ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar. A Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, Galix, facilítanos a mensaxe traducida ao galego.
Gustáronme moito estes materiais, e seguro que a todas vós tamén! Este é o cartel:
Aquí podedes ler información sobre Kestius Kasparavicius, o autor do texto e a ilustración deste ano:
Na seguinte imaxe podedes ler o fermoso texto, moi relacionado tamén coa idea do mindfulness, ao que tanta importancia lle damos no noso cole. Lédeo e reflexionade sobre el, porque é posible que nos agarde algunha sorpresiña adicada só a lectores e lectoras interesantes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario