"On air" estivo prendida durante toda a mañá do 28 de marzo. |
En 5º e 6º gravaron o programa "Somos millonarios", porque están convencidos de que quenes falamos galego temos un tesouro que debe enchernos de orgullo. A primeira quenda deste programa realizárona Paula Barcia, Pablo, Jorge Lema e María José, que saíu así de ben:
A segunda quenda correspondeulles a Paula Maneiro, Joel, Alejandro e Samuel, que o fixeron así de ben:
E a terceira quenda sentou nos micrófonos de "Radio Rosiña" a Nerea, Jorge Otero, Daniela e Miguel, que tamén se esforzaron moito:
En 1º e 2º prepararon o conto de Eva Mejuto "Maruxa", que dramatizaron para "Radio Rosiña" Alicia, Íker, Ángel, Lucía, Soraya, Luzdivina, Guille, Pablo, Anxo e Uxía. Non vos perdades esta historia tan interesante:
En 4º adicaron a sesión a un medio de transporte que nos gusta moito no cole: o tren. Nesta ocasión, dirixe o programa Luís, e participan as nenas e nenos de 4º: Paula López, Brais Carreira, Alba e Andrea.
Por último, a participación de 3º, que marabillou a Luís por todo o que lle contaron relacionado cun poema de Antonio García Teijeiro adicado ao tren e coa canción de Andrés do Barro que o curso pasado aprenderon co profe Óscar Brais Capelo, Mai, Sara, Martina, Aroa, Xoel e Paula Pereira, quen non puido participar na gravación do programa. Sen embargo, seguro que lle encantará escoitalo, como ao resto das persoas que tivemos xa a sorte de facelo. Dádelle ao play:
NORABOA A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPASTES CON TANTO ENTUSIASMO NESTA SESIÓN TAN ESPECIAL, E MOITÍSIMAS GRAZAS A LUÍS POLA SÚA APORTACIÓN PARA QUE "RADIO ROSIÑA" SIGA MEDRANDO!!!
Ademais dos podcast, podedes ver as fotos que fixemos no estudio premendo sobre a imaxe ou AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario