O vindeiro 24 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Aínda que esta data aínda non está marcada dentro das conmemoracións escolares, somos moitas as persoas que, desde diferentes centros, nos vimos sumando á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Esta entidade encomenda cada ano a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que desexen celebrar o Día de Rosalía de Castro.
Este ano foi a escritora lucense María Reimóndez a encargada da súa elaboración. Para lelo, premede AQUÍ.
Partindo do seu título, pensei en propoñervos a seguinte actividade. Durante os próximos días entregarémosvos o debuxo coas contras dunha fiestra que vós deberedes decorar como queirades. O que se vexa a través dela cando as abramos é o traballiño que vos propoño: elixir un poema (ou unha parte) de Rosalía, e escribilo tras esas contras, engadíndolle unha ilustración. Seguro que vos quedan de marabilla e a próxima semana expoñerémolos no corredor, para que todos poidan contemplar o que se ve a través de cada unha das vosas fiestras unha vez abertas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario