xoves, 15 de febreiro de 2018

DÍA DA RADIO 2018

Pois estrenamos data no calendario!!!! E contentísimas todas as persoas implicadas de poder compartilo con toda a xentiña que nos segue dende o blogue. Trátase do "Día da Radio", que se celebra o 13 de febreiro. Nesta ocasión coincidiu coas vacacións do Entroido, pero non por iso pasou desapercibido, xa que a plataforma educativa Rede Espora propuxo unha actividade moi fermosa na que nos invitou a participar. E nós, aínda que polo de agora non sabemos moito sobre este mundo máxico da radio, dixemos... SI!!!! 

O que fixemos foi gravar un pequeno texto no noso estudio, que enviamos a "Rede Espora". O programa este año propoñía a temática das mulleres deportistas, facendo visibles a algunhas delas a través da personificación en alumnas dos centros participantes. A encargada de representar ao noso cole foi Paula Maneiro Bergantiños, de 5º de Primaria, quen se converteu por uns segundos en Ronda Rousey, unha campioa en artes marciais. Non sabemos se Paula chegará a destacar neste deporte pero, como locutora, ENCANTOUNOS e dende aquí queremos darlle a nosa NORABOA!!!

Aquí deixamos o enlace para que poidades escoitar e desfrutar o programa enteiro:


Ningún comentario:

Publicar un comentario