Esta mañá reunímonos na biblioteca do centro para celebrar o "Día de Rosalía". Os motivos polos que tivemos que retrasar esta conmemoración foron as actividades programadas previamente: o venres fomos de excursión á cidade de A Coruña, e onte os grupos de 1º e 2º de Primaria participaron nun obradoiro sobre a elaboración do bolo do pote en A Picota, polo que ata hoxe non tiñamos a axenda libre!
Pero esta mañá, por fin, adicamos a "Hora de Ler" a falar da nosa Rosalía, a ler os seus poemas, a contar por que nos parece tan importante destacar a súa figura... E así, persoa a persoa, fomos abrindo as nosas fiestras e amosando as paisaxes dos poemas que eliximos, quedando un acto moi fermoso e emotivo que, como vén sendo habitual, pechamos con bicos e abrazos!!! Mais as nosas fiestras seguirán estando abertas, unha vez expostas no corredor do cole, para que siga entrando nas nosas vidas, día tras día, aire fresco e luz, moita luz...
Queremos agradecer á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) a súa invitación, unha vez máis, a sumarnos á celebración desta data tan significativa tamén para nós.
Espero que vos gusten as fotos que vos fixen durante esta linda xornada adicada a Rosalía, á poesía, ao amor... Premede AQUÍ para ver todas as imaxes!!! En canto teña todas as vosas fiestras, farei un vídeo para que poidades contemplar as paisaxes que se ven a través de cada unha delas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario