xoves, 1 de febreiro de 2018

A NOSA RADIO

Ai, xentiña!!! Non vos podedes imaxinar a que se montou esta tarde no cole. Vós xa non estabades aquí, así que non sei se o saberedes, pero os profes do cole andan montando unha boa: un estudio de radio!!! A min xa me parecía que había moito movemento de traballadores nese espazo que hai frente á sala de profes: que se pintura, que se madeira, que se mesas... E hoxe descubrín en que se está convertendo ese recuncho: nun ESTUDIO DE RADIO!!!! Pero un estudio en serio, PROFESIONAL, co seu equipo informático, mesa de mezclas, auriculares, micrófonos... E para comezar a traballar con todo ese material, que con tanto esforzo colocaron o noso equipo de conserxes, hoxe estivo no cole Javier Prado, un experto nisto de empregar a radio para aprender. E os vosos mestres e mestras xa se estrenaron!!! Si, estiveron gravando, escoitándose... E mesmo entrevistaron a dúas persoas que traballan moito para que teñamos o cole sempre impecable: María e Luzdivina. Creo que o pasaron moi ben, que están moi ilusionados co proxecto e que pronto seredes vós as persoas que se senten diante deses micros para... facer radio!!!
 
Por se non me credes, AQUÍ vos deixo as fotos que puiden sacar ás agachadas!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario