Esta mañá recibimos a visita de Nina, a arqueóloga do concello. Nina xuntounos na biblioteca do centro para falarnos do que é o patrimonio. Este termo, que provén do latín patri (pai) e monium (recibido), fai referencia a todo aquelo que recibimos por liña paterna, ao que herdamos dos nosos ascendentes.
Comentamos que cousas consideramos forman parte do noso patrimonio e cales son as diferenzas entre patrimonio material e inmaterial.
Comentamos que cousas consideramos forman parte do noso patrimonio e cales son as diferenzas entre patrimonio material e inmaterial.
Dentro do patrimonio material están os bens feitos polas sociedades do noso pasado:
-Arquitectura (monumentos, edificios e construcións que representan a nosa evolución).
-Arqueoloxía (elementos de valor producidos por culturas previas).
-Artístico e histórico (pinturas, esculturas ou producións artísticas que nos falan doutras
épocas).
-Natural (bens e riquezas naturais, ou ambientais, que a sociedade herdou dos seus antecesores. Tamén ecosistemas con especies endémicas ou en perigo de extinción, así como lugares delimitados polo seu valor excepcional).
-Industrial (edificios, máquinas, talleres, muíños, fábricas, minas, depósitos e medios de transporte).
O patrimonio inmaterial constitúeo o patrimonio intelectual e o sentido que fai única a unha comunidade, como as tradicións, a gastronomía, a literatura, as teorías científicas e filosóficas, a relixión, os ritos e a música, así como os patróns de comportamento que se expresan nas técnicas, na historia oral, a música e a danza. Estaría neste apartado:
-Saberes, tradicións e crenzas (coñecementos e modos de facer enraizados na vida cotiá. Formas de ser e de pensar que se transmitiron sobre todo oralmente, como son as lendas, ditos, crenzas...).
-Celebracións e coñecementos (rituais de música, danza, teatro... Tamén a gastronomía, os oficios artesanais e os coñecementos e prácticas relacionados coas plantas).
-Celebracións e coñecementos (rituais de música, danza, teatro... Tamén a gastronomía, os oficios artesanais e os coñecementos e prácticas relacionados coas plantas).
-Lugares simbólicos (mercados, feiras, santuarios, prazas e outros espazos nos que teñen lugar prácticas sociais únicas).
Mural elaborado en 5º e 6º sobre o patrimonio inmaterial da nosa comarca.
Premede AQUÍ para ver as imaxes desta charla informativa, e lembrade que en breve tocaravos a vós elixir que incluiriades vós dentro do patrimonio!!! Todas aquelas persoas interesadas teredes que estar moi atentas ás miñas vindeiras publicacións no blogue!!!!
Un saúdo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario