Onte comezou a primavera, e con ela un montón de novidades, entre as que destacamos o Día Mundial da Poesía, proposto pola UNESCO no ano 1999 para celebrar o equinoccio da recén inaugurada estación.
Son moitas as actividades que se celebran hoxe relacionadas coa poesía, e tamén nós queremos telas en conta. Ao longo deste curso xa falamos moito de música, e de poemas unidos á mesma, xa que tamén as cancións son poesías que soan dun xeito diferente. Nesta ocasión, no cole estades preparando uns fermosos marcapáxinas con poemas elixidos por vós que algúns músicos e/ou compositores/as convertiron en cancións. Estas creacións rematarán esta semana na "Casa Pego", que é o restaurante de San Cosme situado ao lado do colexio, e onde se encargarán de repartilos a todas as persoas que acudan ao mesmo durante estes días, como agasallo aos seus clientes e co único obxectivo de difundir algo tan fermoso como é a lectura de poemas, así como dando a coñecer tamén grandes escritores/as en lingua galega e/ou castelá e importantes músicos e compositores/as. Ata onde chegarán eses marcapáxinas? En que libros durmirán cando comecen a súa viaxe? Cantos nos contarán o comezo da súa viaxe?
En breve vos contaremos...
Mentras tanto, aquí vos deixo algunhas páxinas poéticas que poden ser do voso interese. Premede sobre a imaxe e desfrutade con todos os poemas que leades, e soñade...
E, xa que estamos este curso bailando na nosa musiteca, aquí vai un poema de Antonio García Teijeiro moi musical: "Unha man bica a arpa".
En breve vos contaremos...
Mentras tanto, aquí vos deixo algunhas páxinas poéticas que poden ser do voso interese. Premede sobre a imaxe e desfrutade con todos os poemas que leades, e soñade...
E, xa que estamos este curso bailando na nosa musiteca, aquí vai un poema de Antonio García Teijeiro moi musical: "Unha man bica a arpa".
Recibin un marcapáxinas moi especial.Gracias por este traballo tan bonito:"La tarara"
ResponderEliminarRecibin un marcapáxinas moi especial.Gracias por un traballo tan bonito:"LA TARARA"
ResponderEliminarRecibín un marcapáxinas moi especial:LA TARARA. Gracias polo voso traballo.
ResponderEliminar