O noso segundo protagonista dos "Martes de contacontos" foi Rubén!!! Esta actividade, que comezou este curso o alumnado de 6º, inaugurouna Andrea a semana pasada. Hoxe tocoulle a Rubén Blanco Pereira, que se caracterizou do coñecidísimo Harry Potter para manter toda a nosa atención durante a "Hora de Ler" desta mañá.
Harry Potter é o protagonista dunha serie de novelas fantásticas escrita pola autora británica J. K. Rowling, considerada unha das sagas máis importantes da historia en canto ao número de lectores que ten. Tamén na nosa biblioteca podedes atopar algúns dos libros deste xoven aprendiz de maxia, tema que lle encanta tamén a Rubén.

Ningún comentario:
Publicar un comentario