O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999. A proposta para celebrar esta data realizouna a República Dominicana.
Durante esta semana, no cole estivemos falando das distintos ámbitos nos que se pode presentar a violencia contra as mulleres: física, sexual, psicolóxica, económica... A violencia contra as mulleres afecta á súa saúde, pero vai moito máis alá, xa que as súas familias e as comunidades nas que viven tamén sofren este ataque contra os dereitos da muller.
No cole reflexionamos moito sobre isto, e pensamos que era unha boa idea aportar algo feito por nós. Xa que a nosa Musiteca está en pleno funcionamento, pensamos que estaría ben pensar nalgunhas claves para amosar o noso rexeitamento á violencia cara as mulleres. Esta mañá expoñerémolas no corredor do cole durante a "Hora de Ler", cando falaremos tamén desta data todos xuntos.
Mentras tanto, tamén vos recordamos que na Biblioteca temos varios libros que tratan este tema, e podedes lelos nas aulas ou levalos para as vosas casas.
Ademais das actividades recollidas no blog para traballar a violencia cara a muller (preme AQUÍ), tamén podedes consultar unha guía de lectura infantil e xuvenil editada pola Deputación de Granada. Titulada "La mochila violeta", nela poderás atopar moitas recomendacións por idades, algunhas das cales tamén están publicadas en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario