xoves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Aínda que estes días andamos todas moi pendentes das noticias relacionadas co coronavirus e o estado de alarma no que nos atopamos, o certo é que no calendario de abril tiñamos algunhas datas sinaladas que non quero deixar de compartir convosco. Esta, ademais, tamén está moi relacionada coa situación de confinamento que estamos vivindo. Cóntovos!
Hoxe celébrase o "Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo", día no cal a Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñece e celebra os dereitos das persoas con autismo. Para estas persoas, os cambios de rutina poden causar estrés ou ansiedade, polo que moitas expertas na materia afirman que saír á rúa durante este días é unha cuestión de saúde. Por este motivo, varias Asociacións decidiron colocar unha prenda azul (un lazo, por exemplo), indicando así que se trata dunha "saída terapéutica" e solicitando comprensión e respecto. 
A Confederación de Autismo de España gravou un vídeo no que diferentes persoas fan o xesto do infinito para amosar o seu compromiso co autismo. Podedes velo aquí:




Ningún comentario:

Publicar un comentario