sábado, 25 de abril de 2020

CONSELLOS PARA SAÍR Á RÚA

Estou tan emocionada coma vós porque mañá poderedes pasar un ratiño ao aire libre!!! Si, xa sei que afortunadamente vós vivides nun entorno que vos permitiu respirar durante estes días de confinamento dunha maneira moi diferente á das persoas que viven nun piso ou nunha vila ou cidade. Aínda así, sei que non fostes moi lonxe, pero a partir de mañá poderedes movervos un pouco máis, así que me parece moi interesante compartir convosco as seguintes lecturas, para que fagamos as cousas o mellor posible e non corramos ningún risco. Parécevos ben?
O primeiro que quero é que leades unha historia curtiña sobre o oso Goloso e a súa familia. Os osos, que son animais que hibernan durante varios meses, poden entendernos perfectamente e darnos consellos moi interesantes. Premede sobre a imaxe para ler este conto que a psicóloga valenciá Carmen Esteban publicou o 23 de abril:

O oso Goloso cóntanos consellos moi interesantes.

Por outra banda, quería tamén achegarvos a todas as familias algúns dos carteis que recibín e que podedes imprimir ou escribir vós mesmas para ter en conta á hora de saír mañá por primeira vez despois de máis de 40 días!!!




MOI IMPORTANTE TAMÉN É SABER QUE DEBEMOS FACER AO REGRESAR DO PASEO:


Se premedes AQUÍ tamén podedes ver unha entrevista na TVG a un pediatra facendo algunhas recomendacións. 

Espero que desfrutedes moitísimo dese ratiño a 1 quilómetro das vosas casiñas, e que gardedes ese momento na vosa memoria e incluso o fotografedes para compartilo!!! Ademais, ao regreso do paseo podedes escribir que supuxo para vós ese contacto co exterior despois de todos estes días. Unha aperta enorme!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario