martes, 28 de abril de 2020

BAILAMOS UN POUQUIÑO?

Premede aquí para acceder á canle do grupo Pesdelán.
Hoxe celébrase o "Día Mundial da Danza", e no cole sempre preparamos algunha para celebrar o "Día das Letras Galegas", a festa dos Maios, ou para bailar no festival de fin de curso, entre outras moitas... Neste curso, sen embargo, non imos ter ocasión de adicarlle todas as horas que nos gustaría, pero quería convidarvos á proposta que fixeron no "Salón do Libro de Pontevedra". Tamén alí se viron afectados polo coronavirus, tendo que cancelar moitas das súas actividades. Outras, en cambio, mudaron de formato. A de hoxe está dentro deste segundo grupo, así que se queredes estades a tempo de participar nela: o grupo de música PESDELÁN convídanos a participar do seu concerto a través da súa canle de Youtube!!! Comezará ás 12 da mañá e seguro que é unha boa maneira de pasar un rato moi agradable, así que animádevos!!!! 

Se entrades na canle do Salón do Libro de Pontevedra poderedes ver os vídeos que foron subindo durante estes días, algúns dos cales son estupendos: "Fiestras ao mundo""Merendas divertidas: caghalletas", e moitos máis!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario