Unha vez anunciado que o período de confinamento será ampliado en 15 días máis, algunhas canles de televisión comezan a facer unha programación especial dirixida ás nenas e nenos que durante esta temporada non poderán asistir aos centros educativos.
A Televisión de Galicia 2 ofrece, entre as 11 e as 13 horas, capítulos de "Era unha vez..." e vídeos educativos sobre a evolución da Terra ("Xeoclip"). Deste xeito, a TVG suma unha nova opción educativa ao xa coñecido "Xabarín Club".
Por outra parte, o Ministerio de Educación e Radio Televisión Española lanzan "Aprendemos en casa", dirixido a estudantes de entre 6 e 16 anos e que se emite en aberto dende hoxe, na franxa matinal de Clan TV e La 2 de TVE.
Horario de clases que emiten Clan TV e La 2 de TVE. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario