luns, 9 de marzo de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

Esta semana iniciámola celebrando o "Día da Muller", e para iso convidamos ás nais do noso alumnado a falar sobre os seus traballos ao longo da xornada. Aquí está o resumo fotográfico das interesantes charlas que nos ofreceron estas mamás valentes, xenerosas e únicas!!!! Tamén aproveitaremos a información que recollemos para publicar diversos programas en "Radio Rosiña", dos que vos avisaremos no seu momento. Mentras tanto, premendo sobre cada imaxe podedes ver as fotos das charlas de Francis, Raquel, Lorena, Verónica, Nansi e Eva, ademais das nosas cociñeiras Lourdes e Mariví, que foron "asaltadas" ao comezo da xornada sen previo aviso. Moitísimas grazas a todas!!! Foi moi fermoso escoitarvos e compartir con todas vós o día de hoxe, e estou segura de que ese exemplo de esforzo e constancia se transmitirá ás futuras xeracións, tanto nas nenas coma nos nenos!!! BRAVÍSIMAS!!!

Francis, a mamá de Candela e Martina, falounos do seu traballo no laboratorio.
Ademais, todas elas responderon ás preguntas das persoas que as escoitaron: por que se adicaron a iso, que é o que máis e o que menos lles gusta do seu traballo, desde cando traballan, que tiveron que estudar, etc.
Esperamos que elas marcharan tan contentas coma nós despois de escoitalas... 
Apertas para todas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario