venres, 13 de marzo de 2020

CANCIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

Hoxe é o primeiro día do curso no que o cole amosa unha actividade moi distinta á habitual, xa que faltades as verdadeiras protagonistas deste espazo: as nenas e os nenos. 
Debido á situación respecto do coronavirus, a partir do luns, 16 de marzo, suspéndense as clases nos centros de toda Galicia, pero desde hoxe recomendávase non asistir aos coles, e así sucedeu esta mañá na nosa escola. 
Eu quero enviarvos dende aquí un saúdo, e animarvos a levar estes días da mellor maneira posible. Que vos parece se empezamos cunha canción? Jorge Drexler é un cantautor de Uruguay, que durante estes días tivo que suspender algún dos seus concertos en directo, e decidiu facer un a través de Internet, ademais de compoñer un tema no que explica as cousas que están sucedendo sobre este virus que é o protagonista da actualidade. Para que non se vos escape nada do que di, escríbovos tamén a letra:
"CODO CON CODO"

Ya volverán los abrazos,
los besos dados con calma,
si te encuentras un amigo
salúdalo con el alma.


Sonríe, tírale un beso,
desde lejos sé cercano,
no se toca el corazón
solamente con la mano.

La paranoia y el miedo
no son, ni serán el modo,
de esta saldremos juntos
poniendo codo con codo.


Mira a la gente a los ojos,

demuéstrale que te importa,
mantén a distancias largas
tu amor de distancias cortas.


Si puedes, no te preocupes,
con ocuparte ya alcanza,
y dejar que sea el amor
el que incline la balanza.

La paranoia y el miedo
no son, ni serán el modo,
de esta saldremos juntos
poniendo codo con codo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario