A pasada fin de semana Xavier, o director do cole, enviouvos algunha información moi interesante que tamén me gustaría puiderades consultar a través do noso blog.
En primeiro lugar, convida a todas as nais e pais do noso alumnado para ver un vídeo no que reflexionemos sobre esta época de confinamento, que tamén pretende ser un vídeo de esperanza para o futuro que nos espera. Podedes velo aquí:
Despois disto, Xavier facilitounos algúns enlaces para as persoas que queiran comezar a practicar ioga. Aquí tedes o primeiro:
O seguinte enlace está dirixido ás nenas e nenos de menor idade:
As nenas e nenos maiores poden animarse a facer esta sesión de ioga:
Por último, PREMEDE AQUÍ para ver algunhas das diferentes posturas de ioga e TAMÉN AQUÍ.
E, ao igual ca Xavier, eu tamén me despido enviándovos moitos ánimos e abrazos para todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario