mércores, 25 de outubro de 2017

RECIBIMOS A VISITA DE PAKOLAS

Paco Cerdeira é un músico cunha longa traxectoria. Entre outras cousas, formou parte do grupo Mamá Cabra, e na actualidade é un dos integrantes de A Gramola Gominola, pero tamén ten un proxecto individual que presenta baixo o nome de PAKOLAS. Esta mañá estivo no cole, presentando un espectáculo musical que nos fixo pasar unha fermosa xornada na que, ademais, celebramos o "Día da Biblioteca". Recibímilo na biblioteca, onde leu para todos nós o pregón escrito por Alejandro Palomas para a ocasión. E despois, música!!! "O Furafollas", o "Monstro Antón", "Baldomero o Mero", "A Quenlla Madrugadora", "Mac Pac" ou "Campión Internacional" foron algunhas das cancións que interpretou, e entre as cales Pakolas foinos amosando algúns dos libros nos que se inspirou para compoñer os temas. E tamén nos presentou algún instrumento que chamou moito a nosa atención: o theremin e un sintetizador portátil ao que lle fixo un armazón con forma de guitarra que nos pareceu unha auténtica marabilla!!!!
Pasámolo moi ben e dende aquí queremos agradecer a Paco que viñera compartir connosco esta mañá de festa, esperando volver desfrutar da súa música en vindeiras ocasións.
Se queredes recordar algunha das cancións de Pakolas, podedes ver o seguinte vídeo:


 Para ver as fotos da súa actuación no cole, premede AQUÍ.
E se queredes saber máis de Pakolas, visitade a súa páxina: https://pakolas.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario