mércores, 4 de outubro de 2017

PREMIO PARA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

https://cadernodacritica.files.wordpress.com/2016/05/xg00253201.jpg
O poeta Antonio García Teijeiro acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Poemar o mar". Antonio García Teijeiro é un dos escritores máis importantes da nosa literatura, con títulos tan recoñecidos como "Cacarabín, cacarabón", "Ventos", "Lueiro de papel", "Ai, canto falan as pombas que falan!" ou "Recendos de aire sonoro", todos eles dispoñibles na nosa biblioteca. 
Dende aquí tamén queremos enviarlle os nosos PARABÉNS!!! É unha alegría enorme que este importante premio sexa a sexta vez que se conceda a un libro escrito en galego, o que me parece un exemplo de que, como di o propio Antonio, a literatura "que se escribe en galego ten unha calidade moi alta e goza de moito recoñecemento fóra".


Ningún comentario:

Publicar un comentario