Mirade de que cousas me vou enterando eu que me enchen de alegría... O xoves, a aula de Infantil recibiu unha visita moi especial: a avoa e o avó de Íker viñeron ao cole para falarnos de Londres. A decisión tomouse tendo en conta varias cousas: por un lado, porque estamos traballando o tema do turismo durante este curso; por outro, porque en Infantil están iniciando a súa investigación a partir do libro "A volta ao mundo en 80 días", de Julio Verne, e parte da acción transcorre na capital inglesa; por outro, porque os avós de Íker viviron en Londres varios anos e podían contarnos moitas cousas. Íker estaba moi ilusionado coa visita, que eu ben llo notaba, e non é para menos, xa que ten uns avós marabillosos aos que queremos agradecer esta tarde que compartiron con nós. Contáronnos moitas cousas de Londres, que seguramente incluiredes no voso proxecto: como chegaron á cidade londinense, en que traballaban, como vivían alí, como se desplazaban pola cidade, os lugares que máis lles gustaban, etc. E cando remataron, entregámoslles un diploma que Íker, coa axuda da profe Patricia, fixeron con moito cariño!!!
Moitísimas grazas, Manola e Manolo, por adicarnos esta tardiña tan especial!!!
Os avós de Íker coas rapaciñas e rapaciños de Infantil despois de recibir o diploma que lles entregou o seu neto.
Se premedes AQUÍ podedes ver o resto das fotografías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario