Fixástesvos no expositor da entrada da Biblioteca? Seguro que non vos deu moito tempo, xa que hoxe estivestes moi entretidos vendo a película "Billy Elliot"!!! Por iso decidín escribirvos. Hai novidades na Biblioteca!!!! E na exposición adicada ao noso proxecto deste curso, tan musical... Non volas perdades!!!!
Todos os libros son moi recomendables, pero para que vos animedes, cóntovos algo máis:
-Para os máis pequerrechos, tedes algunha fermosa historia de OQO ou o libro da editorial Bululú "Xa vooou!", a historia dun peixiño moi despistado.
-Para os primeiros lectores, varias fermosuras, entre as que destaca "A meniña dos libros", un álbum ilustrado que nos conta a historia dunha nena que navega "a través dun mar de palabras" ata chegar á casa dun neno. A protagonista invítao a comezar unha nova aventura a través dos "bosques de fadas, das montañas de fantasía" e a "durmir nas nubes de cancións". Non volo perdades!!!
-Para os lectores autónomos, "Montañas na cama", un divertido relato sobre a incursión nocturna á habitación dos pais do protagonista, para os lectorees máis maiores.
-Para os expertos, "Eu son Suleiman", de Antonio Lozano. A historia de
calquera dos miles de rapaces que desafían a morte para chegar a Europa
fuxindo da guerra e da miseria no continente africano.
E tamén libros sobre música, libros informativos, e mesmo algúns que foron donados por algunhas rapaciñas de 5º, ás que queremos agradecer a súa xenerosidade para que todos e todas vós poidades desfrutar da lectura. A QUE ESTADES ESPERANDO????
Ningún comentario:
Publicar un comentario