venres, 3 de maio de 2013

DÍA DA NAI

O próximo domingo celebraremos un día moi especial: O DÍA DA NAI. 
Todos estamos estes días buscando o regalo máis especial para a persoa máis importante das nosas vidas.
Dende a nosa biblioteca queremos contribuír ás celebracións dun día tan cheo de amor e ledicia e queremos facelo recollendo nunha Guía de Lectura, todos aqueles libros da nosa literatura, a Literatura Infantil e Xuvenil, que están adicados a esa persoa que nos dá a vida que o dá todo por nós.
Por elas e con todo o noso cariño: Feliz día, mamás!!



Como levamos todo o curso traballando nun Proxecto Integrado que xira arredor do tema da multiculturalidade titulado "Onde os libros te leven", queremos recuperar un vídeo que xa elaboramos no 2010 que nos ven como anel ao dedo para celebrar o día da nai dende o punto de vista dunha maternidad multicultural. A elas llo dedicamos!!



E xa por último!! E porque somos uns namorados da arte, algo para deleitar os nosos ollos! Canta beleza!


Ningún comentario:

Publicar un comentario