martes, 21 de maio de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    Entre as actividades que desenvolvemos para celebrar o Día das Letras Galegas neste 2013, ademais de traballar nas aulas a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, destacaron a visita de dous regueifeiros e o II Concurso de Ilustración e Narración LETRAS GALEGAS 2013.














O mércores 15 de maio visitaron o noso centro Luís Caruncho e Pinto D'Herbón, dous recuperadores e divulgadores da REGUEIFA. Este antigo xénero popular, que ten a súa orixe no molete de pan co que antigamente se agasallaba nas vodas, caracterízase pola retranca e o sentido do humor. Caruncho e Pinto déronnos un pequeno concerto improvisando estrofas sobre as persoas que asistimos ao acto, que fixeron rir a nenos e mestres durante toda a sesión. Só me librei eu, Rosiña, das súas bromas... Na segunda metade do concerto organizaron un pequeno obradoiro de creación da regueifa, e xurdiron unhas cantas estrofas moi boas. O certo é que no cole hai poetas auténticos: Adrián, de 3º, e Uxía, de 4º, destacaron pola súa capacidade para facer poemas de xeito improvisado. Pero tamén algúns dos mestres e o noso director Xavier, que se atreveu incluso a despedir aos nosos invitados cunharegueifa de agradecemento. Uns auténticos artistas!!!
 


     En canto ao Concurso de Ilustración e Narración, invitamos a todo o alumnado a realizar unha ilustración sobre o autor homenaxeado ou a súa obra. Nesta ocasión, e tendo en conta que se trataba dun escritor de teatro, animamos aos nenos e nenas do cole a escribir pequenas obras teatrais empregando a linguaxe propia deste xénero literario.
O alumnado de Infantil creou ilustracións inspiradas en dous personaxes da obra de Roberto Vidal Bolaño Touporroutou da lúa e do sol: o anano e o tatexo.
En Primaria os temas foron diversos: a natureza, aventuras e viaxes a lugares de culturas diferentes, historias de personaxes fantásticos, a ecoloxía, etc.
Entre todos eles, seleccionouse un gañador para cada un dos diferentes ciclos.
Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecer a axuda das nais e pais que colaboran no comedor escolar.

Aquí tedes o resultado dos traballos gañadores e da recollida de premios, que tiveron lugar o xoves 16 de maio:

Premio Ilustración en Educación Infantil: 
ALBA LAGO GARCÍA
Premio Narración no 1º ciclo de Educación Primaria:
MIRIAM MOURO DUARTE 
Premio Narración no 2º ciclo de Educación Primaria: 
NURIA ESPERANTE MANEIRO
Premio Narración no 3º ciclo de Educación Primaria: 
PAULA GERMIL CALO

Aquí tedes as fotos das gañadoras:

Ningún comentario:

Publicar un comentario