luns, 29 de abril de 2013

Concerto privado de Haruna Tabeke para o noso alumnado

O venres 26 Haruna Tabeke, a concertista de piano xaponesa que nos deu unha charla no noso cole para acercarnos a cultura do pobo xaponés, ofreceunos, tal e como nos prometera, un concerto privado no Auditorio de Galicia. 
Cando estivo no noso cole Haruna ensinounos moitísimas costumes e tradicións do seu país pero todos quedamos con ganas de vela tocar o piano. No cole non temos piano, só un teclado eléctrico na aula de música, así que ela prometeu atopar unha data axeitada na súa axenda para que a poidésemos escoitar ao piano.
O colexio e Haruna negociaron co Auditorio de Galicia para que nos prestaran unha das súas salas de concertos e, por fín, chegaron a un acordo e prestáronnos a Sala Mozart para nós exclusivamente.
O venres, para alá marchamos, emocionadísimos, e escoitamos a Haruna tocar 3 pezas:  unha de Wolfgang Amadeus Mozart, outra de  Franz Liszt e outra de Claude Debussy.
Cando saímos do concerto Andrea de 2º díxolle á profe Susi que o piano de Haruna tocaba máis rápido co dela!!  Que simpática!!!


Concerto privado de Haruna Tabeke para o CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario