Así foi como celebramos nesta ocasión unha das nosas festas preferidas: o MAGOSTO.
Seleccionamos sete xogos tradicionais galegos nos que fomos participando en grupos e cos cales nos divertimos moitísimo! Mentras tanto, o noso conserxe Rubén, coa axuda dalgún pai dos meniños do cole, comezaban a asar as castañas. Ao seu fantástico arrecendo fóronse sumando tamén os/as convidados/as á celebración: nais, avoas, pais, acompañantes de autobús, condutores... Para todos cantamos e bailamos a canción "Arao" no patio do colexio. E despois de tanta actividade física xa era hora de probar as castañas, un dos froitos máis característicos desta época do ano. Que boas estaban!!!
Nas seguintes fotos podedes ver o ben que o pasamos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario