Hoxe martes 10 de decembro, en horario de tarde, celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Os rapaces e as súas titoras elaboraron pancartas para conmemorar cada un dos dereitos. Ademáis os alumnos de 6º de Primaria informáronos dalgúns aspectos importantes sobre ETIOPÍA, país ao que este ano a ONG SAVE THE CHILCREN dedica a X Carreira Kilómentros de Solidariedade.
Despois fixemos unha recaudación de cartos que os rapaces queren enviar a esta ONG.
A biblioteca sacou ao corredor do colexio todos os seus fondos relacionados co tema dos dereitos dos nenos para que os teñades máis á vista.
A biblioteca tamén quere recomendarvos un libro para conmemorar este día.
El extraordinario de Lucius Dumb
Editorial Edelvives
«Os científicos máis importantes do mundo recibiron un encargo moi especial: descubrir o instrumento capaz de convertir a Terra nun lugar oonde a xente poidera vivir feliz». Así comeza esta fascinante historia que, mediante nove relatos, lévanos a descubrir os Dereitos Humanos. Da man de Lucius Dumb descubriremos cómo os DereitosHumanos son o noso mellor instrumento para facer deste un mundo mellor.
Cando rematedes de ler o libro podedes ver a historia en formato película:
Ningún comentario:
Publicar un comentario