luns, 25 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Outo ano máis o noso blogue volve a sumarse á celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Loitamos porque desapareza unha lacra social que non é senón a consecuencia do machismo e dunha regresión social que cada día nos preocupa máis.
Aquí volvemos a compartir con todos vos esta recompilación de recursos relacionados con este día para que lles saquedes todo o proveito que podades.






Tamén vos queríamos recomendar un libro que acaba de publicar Kalandraka. Trátase da HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES de Adela Turín.



   Esta é a historia da tribo dos Bonobos. Unha tribo moi singular de chimpancés pigmeos que vivían nun bosque moi frondoso e no cal se pasaban días e días ocupados mascando os froitos e as bagas, pebidas,  sementes e raícesque as bonobas recollían durante todo o día para eles.
Mentres elas traballaban os bonobos pasábanse todo o día sen facer nada e molestaban coas súas charlas e ruídos a todo o mundo. Afortunadamente os bonobos decidiron deixar a súa preguiza e facer algo máis proveitoso e entre todos decidiron instruírse e aprender inglés. Deste modo os catro bonobos máis guapos e fermosos emprenderon a súa viaxe a Belfast. 

Á súa volta trouxeron consigo uns estupendos lentes e unha maleta negra repleta delas. Comezaron a instruír a toda a tribo coas súas ensinanzas e a cada un dos bonobos que aprendía a lección lles regalaban uns preciosos lentes

Pero e as bonobas?....¿Ellas non eran merecedoras deses lentes?. Pero tamén elas escoitaban e aprendían a lección, e aprendían igual ou mellor ca eles esas palabras tan estrañas que trouxeran de Belfast. E así foi como os bonobos decidiron que as bonobas non eran dignas deses lentes de nin aprender as leccións xa que debían estar ocupadas na recolección de froitos para os demais.

Pero un bo día, as bonobas cansáronse desta idea tan absurda e decidiron cambiar algo máis que ese precioso bosque frondoso onde vivían...

Esta preciosa historia de Adela Turín é todo un clásico ilustrado que reivindica o papel de loita e superación da muller nunha sociedade machista, a cal impón límites e establece cales son ou deben ser os roles que debe desempeñar o home e a muller na sociedade na sociedade na que vivimos

Adela Turín e Nelia Bosnia, escritora e ilustradora do conto, foron fundadoras en 1970 da editorial "A favor de las niñas", que se creou en Italia co obxectivo de reivindicar os dereitos das mulleres a través da Literatura Infantil. Adela Turín investiga e denucia dende os seus inicios os casos de sexismo nos materiais educativos, ademáis de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial. Os seus libros "Rosa Caramelo", "Arturo e Clementina" e "A historia dos bonobos con gafas" foron pioneiros en traballar os temas da igualdade e a coeducación para o público infantil. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario