domingo, 29 de maio de 2011

PROXECTO OS OFICIOS DO MAR

E seguen chegando a nosa biblio os proxectos de investigación de todas as clases.
Agora tócalle o turno a uns verdadeiros currantes. 
Os máis veteranos do cole, os rapaces e rapazas de 6º, dannos agora unha verdadeira lección sobre como se leva a cabo unha investigación documental. 
Aquí tendes o seu magnífico traballo. Os que xa o lemos estamos seguros de que están sobradamente preparados para pasar á Secundaria sen ningún tipo de complexo.
No seu proxecto aprenderedes moitísimas cousas sobre OS OFICIOS DEDICADOS AO MAR: capitáns de barco, mariñeiros, redeiros, carpinteiros de ribeira, pescadores, mariscadores, fareiros, acuicultores, lonxeiros, conserveiros e mergulladores.
Mergulládevos no seu traballo xa veredes cantas cousas interesantes ides aprender!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario