xoves, 20 de xaneiro de 2011

TODOS A TRABALLAR

A nosa biblioteca é de todos os membros da nosa comunidade educativa: profes, alumnos, pais e conserxe, así que todos temos que arrimar un pouquiño o ombreiro para que a súa transformación a converta no "NOSO RECUNCHO ESPECIAL".
Rosiña está traballando moito pero había tanto traballo que pediunos axuda a todos e alá estivemos todos botando unha man....
Tiñamos que mover TODOS OS LIBROS para a parte da biblio que xa ten a madeira posta para poder pintar e poñer a madeira na outra parte. Os rapaces e rapazas de 3º ciclo e os profes fixeron todo o traballo coa axuda de José o noso conserxe. Tivemos que inventarnos un sistema de numeración que elaboraron Juanjo, Raúl e Josiño polo cal os nenos e nenas acarrexaban os libros de forma ordenada e os mestres iban distribuindo nas estanterías e no chan para non descolocar a colección.
Tamén tivemos que tivemos que rascar unhas pegatinas moi antigas das ventás que nos deron moito traballo. Aquí temos a Noa e a Araceli concentradas no traballo.

Non pensabamos que tíñamos tantos libros. Cando están colocadiños nas súas baldas parece que son menos pero cando hai que acarretalos dun lugar para outro, ay!!! entón parecía que non íamos a rematar nunca. O peor era pensar que cando teñamos a outra parte pintada e ca madeira posta imos ter que movelos outra vez!!! As profes andan medio tolas !!! E os rapaces morren coa risa...!!!
Dende aquí tamén queremos agradecer a colaboración do avó de Paula que nos botou unha man coas estanterías cando veu a buscar a súa neta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario