martes, 25 de xaneiro de 2011

CHEGARON OS MOBLES DA CONSELLERÍA

Antonte ás 3 da tarde chegou o mobiliario que nos enviou a Consellería. A gran maioría eran mobles para a nosa biblio. Ás 4:30 algúns profes estaban xa desembalando e colocando mobles.
Di o noso dire que nunca se desenbalara tan rápido o material que nos manda a Xunta. Algunha profe estaba tan emocionada que non quería marchar sen velos todos. Mandáronnos unha mesa para os ordenadores dos rapaces, outra para "as bibliotecarias", as cadeiras para estas mesas, un moble multimedia para os CDs e os DVDs, un revisteiro, catro estanterías e 4 colchonetas que nos cedeu o profe de Educ. Física.
Como os carpinteiros xa remataron de por a madeira no chan, e as paredes xa están pintadas comezamos a colocar os mobles dos que dispoñemos e por suposto tamén os libros.

Os libros deben estar xa un pouco mareados de tanto paseo. A literatura, por fin, volve estar no seu sitio.

Este é o moble multimedia. É chulo eh???

Pero aínda hai moitos libros polo chan. Imos con paciencia pero traballando sen parar.
O avó de Paula volveu a botarnos unha man para colocar as estanterías. Aquí o tedes con José en acción. Grazas Lino!!!

1 comentario:

  1. Hola de novo, volve a escribir Selina, que boa pinta ten a nova biblioteca de San Cosme!!! Teño moitas ganas de pasar por ahí para ver como van avanzando as obras e para dar moitos ánimos aos profes para continuar co traballo de axuda para a biblioteca. Espero que me enviedes unha invitación para a gran inauguración da biblio. Moitisimos bicos da profe trasno.

    ResponderEliminar