Os Reis Magos este ano decidiron que a nosa biblio necesitaba uns arranxiños para que lucira máis bonita. Non sabemos moi ben como fixeron (poida que os camelos colaborasen dándolle uns pequenos empurróns á parede) pero o caso é que cando chegamos faltábanos un cachiño de parede. Agora a nosa biblio é o dobre de grande.
Rosiña está feliz pois o seu fogar agora é moito máis espacioso e collen moitas máis cousas!!!
Pero xa postos, Rosiña pensou que non lle viña nada mal unha manciña de pintura e falou con José, o noso conserxe, convenceuno e está quedando moi chula.
Logo pensou que o chan estaba moi vello e que, aos nosos rapaces e rapazas, cando ían visitala, enfríabaselles o cuíño cando se sentaban nel.
Decidiu ir a falar co carpinteiro, e este vainos poñer un chan novo e máis quentiño esta semana. Estamos desexando velo rematado. Verdade??
O peor das obras é que a nosa biblio está pechada pero pensamos que antes de que acabe o mes poderemos reiniciar as súas actividades.
Mentres, xa sabedes, paciencia... e sobre todo moita ilusión pola nosa nova biblio.
Podedes seguir dende aquí os progresos das obras.
Rosiña manteravos informados de todo.
Estou emocionado vendo estas melloras. Canto tempo tivemos na mente, nos anos noventa, poder levar á realidade pequenos soños coma este...!
ResponderEliminarNon podo menos que darlle os parabéns a Rosiña!