luns, 17 de xaneiro de 2011

HOXE CHEGARON OS CARPINTEIROS

Hoxe chegaron os carpinteiros e comezaron a colocar o chan novo. Está quedando chulísimo verdade??? Estamos supercontentos.
Rosiña sacou unhas fotos para que vírades o que fixeron hoxe.
Primeiro colocaron unha espumiña nunha das partes da biblio (a que José nos pintou de azul).
E por enriba comezaron a colocar o chan de madeira... taboíña a taboíña...

Ao mediodía xa chegaron á parte que José pintou de amarelo. Fáltalles poñer o rodapé.

Agora imos ter que mover todos os libros que están almacenados na parte amarela para o outro lado da biblio para que poidan seguir poñendo a madeira. Rosiña vai necesitar a axuda de todos. Estades preparados???

2 comentarios:

  1. Hola, son Selina. A biblio parece que está quedando super bonita e con moita cor. Pensei que ó final se faria coma un arco dende un aula a outra, pero tampouco queda mal tal e como está.Cando estea rematada de todo, avisade para ir por ahí e vela in situ. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Hola son Selina, polas fotos que tendes aquí parece que vos vai quedar moi ben a biblio. Alegrome moito de que voltase José. Gústanme moito tamén as cores que escollestes, vanlle dar moita luz. Espero que todo siga a bo ritmo e dentro de pouco teñades unha grande inauguración á que espero estar convidada, por suposto. Moitos bicos para tod@s.

    ResponderEliminar