Hoxe é o "Día das Letras Galegas", e no cole quixemos celebralo dun xeito especial. Para iso propuxemos un reto ás nenas e nenos de 5º e 6º, que non dubidaron en participar desde o primeiro momento; un reto que partía das ondas de "Radio Rosiña". Xa que estamos en tempos de confinamento, en 5º e 6º imaxinaron que sucedera iso coa lingua galega, e elixiron a palabra que desconfinarían en primeiro lugar. Queredes escoitalas? Seguro que pasades cinco minutiños moi entretidos con estes rapaces e rapazas tan estupendos!!! Desde aquí queremos agradecer a todas as nenas e nenos por participar, porque sen vós non habería programa: Álex, Andrea, Paula L., Alba, Brais, Ramiro, Joel, Jorge L., Samuel, Jorge O., Nerea e Paula B., e tamén a todas as vosas familias, por facilitar os audios para que isto fora posible. Aquí tedes o programa "Palabras desconfinadas":
domingo, 17 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
MÚSICA CONFINADA
![]() |
| "Música confinada I" |
Aquí vos presento os vídeos cos resultados da proposta de música que fixemos a semana pasada: "MÚSICA CONFINADA I". Están enlazados no blog de música, pero como sei que adoitades visitar con máis frecuencia o da nosa biblioteca, anúnciovolo aquí para que non os perdades...
Espero que vos gusten tanto como a min!!!! Premede sobre a imaxe para acceder aos mesmos.
Unha aperta enorme, artistas!!!!
Etiquetas:
coronavirus,
Curso 2019-20,
familias,
Ficamos na casa,
música
LETRAS GALEGAS 2020
Ola, familias!!!!
![]() |
| Preme na imaxe para acceder a toda a recompilación. |
Espero que estedes moi ben e que estedes pasando un bo mes de maio. Se o curso fora como estaba previsto, durante estes días estariamos preparando unha das celebracións que máis nos gustan no cole: os Maios e as Letras Galegas. Infelizmente non vai poder ser, pero tamén desde as nosas casas podemos ter en conta estas dúas festas tan relacionadas coa nosa cultura.
Por ese motivo, prepareivos unha páxina con recursos do autor homenaxeado no 2020: RICARDO CARVALHO CALERO. Durante este mes ireivos poñendo máis enlaces para que poidades coñecer un pouco máis a este escritor e a súa obra: vídeos, actividades para imprimir, lecturas, actividades para facer en liña, etc. Premede na imaxe para acceder a toda a información.
Unha aperta enorme!!!

mércores, 6 de maio de 2020
O PAPAGAIO DE MAIO É DIXITAL
A revista "O Papagaio" acaba de sacar o número 8, e chega en formato dixital para facilitar a súa difusión, xa que polo de agora non será posible lela na nosa biblioteca...
Desde o Consorcio Editorial tamén nos envían "unha mensaxe de ánimo e forza" para esta fase da desescalada, así que desde aquí queremos darlles as grazas!!!
E a todas vós, aquí tedes a revista, que ademais adica a páxina 5 ás aves!!!! Non volo podedes perder!!! Premede na imaxe:
![]() |
| O Papagaio nº 8 |
Etiquetas:
coronavirus,
Curso 2019-20,
Ficamos na casa,
fomento da lectura,
pandemia,
Revistas
mércores, 29 de abril de 2020
DESPOIS DE 6 SEMANAS...
Pasaron xa 6 semanas desde que se decretou o estado de alarma debido ao coronavirus, e aínda que nós temos a grande sorte de vivir nun lugar onde o ritmo vai máis unido á natureza que nunha cidade, o certo é que tamén tiñamos moitas ganas de movernos un pouquiño máis alá da finca que rodea a casa, do lugar no que se atopa a horta, do espazo que ocupan as cortes, etc. Así que pensamos que era unha boa idea deixar constancia deste primeiro paseo, e para iso invitámosvos a facer unha fotografía no lugar que vós elixirades, para montar coas vosas achegas un vídeo que quedou así de estupendo:
A seguir desfrutando de ratiños coma estes, tan necesarios!!!!
Apertas para todas as familias,
Etiquetas:
coronavirus,
Curso 2019-20,
familias,
Ficamos na casa,
natureza
martes, 28 de abril de 2020
BAILAMOS UN POUQUIÑO?
![]() |
| Premede aquí para acceder á canle do grupo Pesdelán. |
Hoxe celébrase o "Día Mundial da Danza", e no cole sempre preparamos algunha para celebrar o "Día das Letras Galegas", a festa dos Maios, ou para bailar no festival de fin de curso, entre outras moitas... Neste curso, sen embargo, non imos ter ocasión de adicarlle todas as horas que nos gustaría, pero quería convidarvos á proposta que fixeron no "Salón do Libro de Pontevedra". Tamén alí se viron afectados polo coronavirus, tendo que cancelar moitas das súas actividades. Outras, en cambio, mudaron de formato. A de hoxe está dentro deste segundo grupo, así que se queredes estades a tempo de participar nela: o grupo de música PESDELÁN convídanos a participar do seu concerto a través da súa canle de Youtube!!! Comezará ás 12 da mañá e seguro que é unha boa maneira de pasar un rato moi agradable, así que animádevos!!!!
Se entrades na canle do Salón do Libro de Pontevedra poderedes ver os vídeos que foron subindo durante estes días, algúns dos cales son estupendos: "Fiestras ao mundo", "Merendas divertidas: caghalletas", e moitos máis!!!
Etiquetas:
celebracións,
concerto,
coronavirus,
Curso 2019-20,
danzas,
familias,
Ficamos na casa,
música
sábado, 25 de abril de 2020
CONSELLOS PARA SAÍR Á RÚA
Estou tan emocionada coma vós porque mañá poderedes pasar un ratiño ao aire libre!!! Si, xa sei que afortunadamente vós vivides nun entorno que vos permitiu respirar durante estes días de confinamento dunha maneira moi diferente á das persoas que viven nun piso ou nunha vila ou cidade. Aínda así, sei que non fostes moi lonxe, pero a partir de mañá poderedes movervos un pouco máis, así que me parece moi interesante compartir convosco as seguintes lecturas, para que fagamos as cousas o mellor posible e non corramos ningún risco. Parécevos ben?
O primeiro que quero é que leades unha historia curtiña sobre o oso Goloso e a súa familia. Os osos, que son animais que hibernan durante varios meses, poden entendernos perfectamente e darnos consellos moi interesantes. Premede sobre a imaxe para ler este conto que a psicóloga valenciá Carmen Esteban publicou o 23 de abril:
![]() |
| O oso Goloso cóntanos consellos moi interesantes. |
Por outra banda, quería tamén achegarvos a todas as familias algúns dos carteis que recibín e que podedes imprimir ou escribir vós mesmas para ter en conta á hora de saír mañá por primeira vez despois de máis de 40 días!!!
MOI IMPORTANTE TAMÉN É SABER QUE DEBEMOS FACER AO REGRESAR DO PASEO:
Se premedes AQUÍ tamén podedes ver unha entrevista na TVG a un pediatra facendo algunhas recomendacións.
Espero que desfrutedes moitísimo dese ratiño a 1 quilómetro das vosas casiñas, e que gardedes ese momento na vosa memoria e incluso o fotografedes para compartilo!!! Ademais, ao regreso do paseo podedes escribir que supuxo para vós ese contacto co exterior despois de todos estes días. Unha aperta enorme!!!!!
Espero que desfrutedes moitísimo dese ratiño a 1 quilómetro das vosas casiñas, e que gardedes ese momento na vosa memoria e incluso o fotografedes para compartilo!!! Ademais, ao regreso do paseo podedes escribir que supuxo para vós ese contacto co exterior despois de todos estes días. Unha aperta enorme!!!!!
Etiquetas:
coronavirus,
Curso 2019-20,
familias,
Ficamos na casa
venres, 24 de abril de 2020
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Que alegría recibir as vosas imaxes e textos para participar na actividade do Día Mundial do Libro!!! A verdade é que seguro que todas nos lembramos dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores, pero é bonito ver que as lecturas seguen formando parte das nosas rutinas, e que non hai virus que poida deter unha das nosas afeccións preferidas!!! Tal vez estemos desexando que poidan abrir as bibliotecas e as librarías para solicitar e/ou mercar novos libros, pero mentras iso non acontece podemos reler esas historias que tanto nos marcaron. Por iso, nesta ocasión propúxenvos elixir un libro que gardarades no voso corazón por algunha razón, e xuntei as vosas achegas para compartir hoxe con todas vós; espero que vos guste moito!!! E, de novo, darvos as grazas por participar!!!
Etiquetas:
celebracións,
coronavirus,
Curso 2019-20,
día do libro,
familias,
Ficamos na casa,
fomento da lectura
xoves, 16 de abril de 2020
MENSAXE DE ÁNIMO CONTRA O CORONAVIRUS
Que bonito quedou este vídeo realizado con fotos nas que aparecedes todas as persoas que vos animastes a participar, amosando os vosos arcos da vella e esas estupendas mensaxes para que non decaiga o ánimo nestes días tan diferentes!!! Estou segura de que vos fará sorrir a todas!!!!
![]() |
| Premendo aquí podedes ver o vídeo completo. |
Etiquetas:
coronavirus,
Curso 2019-20,
familias,
Ficamos na casa,
Traballo do alumnado,
vídeos
mércores, 15 de abril de 2020
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
![]() |
| Un chasco acompaña o cartel deste ano. |
O próximo 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, e neste 2020 o cartel semella estar inspirado no noso proxecto sobre as aves. É unha mágoa que non poidamos celebralo no cole, organizando os apadriñamentos e amadriñamentos lectores que tanto nos gustan, enchendo cada un dos recunchos do centro de lecturas de todo tipo.
Pero tamén é certo que non quero que o grande acaparador de todas as noticias actuais, o coronavirus, nos impida celebrar unha das nosas datas preferidas. Así que quero facervos unha proposta para que participedes todas e lle amosemos a este e a calquera outro virus que a lectura segue a ser imprescindible nas nosas vidas!!!
Cóntovos en que consistirá. O texto que acompaña o cartel desta edición está escrito por Manuel Gago, e podedes lelo completo premendo sobre a imaxe da dereita. Nel destaco a seguinte afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".
Non me digades que non está pensado para nós!!! Pois trataríase xustamente diso: elixir un libro que teñades gardado no voso peito, no voso corazón. Xunto ao título e o autor do libro que elixades, escribiredes tamén cal é o motivo polo que ocupa ese privilexiado lugar. Ademais, podedes acompañar o texto cunha fotografía na que saiades vós e o libro. E xa que se trata dunha celebración que facemos nun momento tan especial, será aínda máis inesquecible se participades toda a familia!!! Así que espero as vosas respostas ata o vindeiro xoves, 23 de abril.
Resumindo:
1-Elixir un libro que vos chegara ao corazón, dicindo o título e quen o escribiu.
2-Contar brevemente por que o elixides.
3-Facer unha foto co libro (opcional).
4-Enviar ao correo da biblioteca do cole (bibliotecavictorsaenz@gmail.com) ou por Tokapp ata o 23 de abril.
4-Enviar ao correo da biblioteca do cole (bibliotecavictorsaenz@gmail.com) ou por Tokapp ata o 23 de abril.
Animádevos a participar, FAMILIAS!!!!
Etiquetas:
celebracións,
coronavirus,
Curso 2019-20,
día do libro,
familias,
Ficamos na casa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













