sábado, 6 de abril de 2013

VISITA DO ACORDEONISTA BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH,

Onte recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca de VADIM YUKHNEVICH, un marabilloso acordeonista bielorruso!! 
Vadim veunos a falar sobre a cultura do seu país, BIELORRUSIA dentro do programa de actividades organizado desde a biblioteca para o Proxecto Integrado deste ano "Onde os libros te leven"
Vadim Yukhnevich recorreu varios lugares de Europa (Alemaña, Francia...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical...), forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa Kibitka, Banda Crebinsky...)
Leva 12 anos vivindo en Galicia, así que xa coñece moi ben a nosa cultura, e nós queriamos saber da súa: cómo é a vida cotiá en Bielorrusia, que similitudes e diferenzas ten coa nosa... E sobre todo, queriamos saber sobre a música e a danza bielorrusa.... e, por suposto, escoitar o seu acordeón!!!
Aquí tedes a fotos da súa visita: 



E tamén podedes disfrutar do vídeo por si non poidestes estar presentes ou por si o queredes volver a ver.

Charla Vadin Yukhnevich no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Vadin Yukhnevich, acordeonista bielorruso no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Venres 5 de abril de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario